Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2006.

02/05/2006

A SUBREALISTA VIDA DE ESTE HOME (2)

Todo o mundo coñece a facilidade de adaptación das cascudas, o que ignora a meirande parte do planeta é que as cascudas cústalle moito asimilar o concepto de psicomotricidade, e a verticalidade suponlles un problema moi gordo.Cando se ten un corpo pequeno e un cerebro tamén miúdo e afeito o dito corpo, a información acostumaba a chegar cedo o seu destino, o problema aparece cando uns miolos pequechos teñen que mandar información a un corpo grande, primeiro a información chega a onde debería estar o dito membro, logo como non o atopa no seu sitio, andara a buscalo por todos os recunchos, e para cando a atope, a extremidade en cuestión xa decidira emprender accións pola súa conta.
Con certa aparatosidade conqueríu erguerse e adaptou á súa velocidade mental o seu novo corpo, o cerebro entón decidiu mandar un Fax informando de que era a hora de deitarse así que se deitou.
A casa de Daniel o de Foz decidira ir na procura dun lugar mellor, ou polo menos eso pensaba el. Lembraba que ó día seguinte o dor de cabeza sería dos bos, pero, por outra banda, non lembraría nadiña desa noite.
Adentrouse nun calexa estreito húmida e escura, camiñou uns cantos pasos e deitouse a veira dun fulano que parecía ter peor pinta que el, remexeuse para a dereita, remexeuse para esquerda, cuspiu...e quedou durmido.

-Así que o inquilino e desaloxado tras nove meses...?-
-Exacto-
-...É logo alimentase de leite que recibe dunhas protuberancias mamarias que ten a aloxadora, coma un vulgar mamífero?-
- É que...basicamente, é o que son-
A moita xente a terra parécelle un mundo complicado, así que para alguén que vive na Galaxia 0 (algo así como o meridiano de Greenwihc sideral, a terra é a galaxia nº A-60195278/n/i/f. A man dereita ) a complexidade da terra parécelle infinita.

- Entendo entón por que a Xoán Martín de Castro non quere responsabilizarse do inquilino que leva dentro Marta María Isabel (A triste ).-
Os Chupruzos son seres que lixeiramente lembran a un paxaro, máis que nada por que seu corpo é o dun paxaro e a súa testa a dunha persoa, Xarelo tiña unhas plumas de cor branco, como correspondia o seu cargo de xefe de todos os imperios...e o seu subordinado tiñas de cor marrón Conquerir ás prénsiles foi unha laboura evolutiva moi refinada, o se humano tende a pensar que é a evolución dun primate, e non fai máis que falar de elo, eso é por que realmente nunca se deu esa evolución, un mico dixo un bo día: - Pois eu non quero andar como meu pai- e púxose dereito, co tempo unha loita xeracional foi trabucada ca evolución. Un ser de certo evolucionado como os Chupruzos é consciente desa evolución, e de todos os pasos que sigueu a súa especie para chegar a ser o que é , por eso prefiren non contarllo a ninguén, algúns estados anteriores rillan o absurdo e non é cuestión de repartir fabas podres. Xarelo ergueuse e mirando o ceo dixo:

-Ten pinta de ir chover hoxe, se arraia mañá imos ir invadir a terra.
02/05/2006 17:04 Autor: An. Enlace permanente. Tema: CONTOS DE TABERNA No hay comentarios. Comentar.

16/05/2006

A SUBREALISTA VIDA DE ESTE HOME (3)

Ser mediocre en todo require dunha gran precisión,non se pode destacar en nada; Súa plumaxe era mediocre, súa danza de apareamento tamén, e todo o que o rodeaba era sempre superior ou inferior a el, pero non se sentía frustrado,non era consciente da súa mediocridade e por iso podía desprazala con certa facilidade, o seu cerebro e as súas capacidades cognitivas tamén eran mediocres, inda así pensou que unha invasión presidida polo rei podía ser un verdadeiro caos. Non falto de razón decidiu deixar o tema e preparar a súa viaxe, polo pouco que sabia a terra era un lugar con moita auga...precisaría o seu flotador.

Alexandre, Selkirk para os seus amigos, érache un chisco raro, non che era mal home, pero gustáballe moito montar follóns.Aquela noite a súa moza deixara a relación así que cando saíu de borracheira e aquelas mozas apertáronse a el ofrecéndolle sexo,so soubo respostar:

- E é seguro?-

Seguiunas ata un alboio alongado, e cando se decatou topábase nun foxo rodeado de xente sentada en gradas. As mozas botáronlle unha canela de bambú

-Para que loites- dixo a rubia ( ou eso e o que lembrou o cabo do tempo) .

Por unha cancela de ferro entrou un fulana meirande ca el en altura, forza e armamento

-Réndete- dixo Alexandre.

O fulano deixou que remataran os risos e díxolle – E se non me sae de...- non chegou a rematar a frase, levou ca vara nas súas partes nobres e logo na caluga, a petición de Selkirk non fora unha declaración de intencións, fora unha intención en si, a de falo pouco e bato moito. Golpeou a porta e entre os berros da xente e os laios do seu opoñente apertouse as mozas _que ai desa noite de sexo?-

Non sei moi ben como lle foi o conto, e el tampouco, rematou durmindo nunha rúa cega a carón dun fulano moi raro e doutro máis normal pero que fedía.

Cando Daniel acordou, e veu a cascuda o seu carón, ceibou un laio, o insecto abriu os ollos,mirou para Daniel logo para o outro compañeiro de soños e fíxolle un aceno o home que se topaba en pe para que non berrase.

-Enténdesme?- a cascuda asentiu.

- Falas?- A cascuda falou...Ben, máis ben emitiu unha serie de sons que, se fosen un chisco bastante máis coordinados, terían parecido con algún xeito de linguaxe hoxe extinto.

En pouco tempo empezou a falarlle máis tranquilo e ensinoulle a falar ( O certo é que a cascuda aprendeu por si sola, pero co tempo Daniel sempre se gabou de ter sido el quen lle ensinara) fíxolle saber o becho que se chamaba Xoves, pois ese era o día da semana no que se toparon, o por o menos o que pensou o home por que certamente era Venres, inda así, chamouno dese xeito para lembrar ese intre. Tamén lle ensinou a verba amo e indicoulle que ese era o seu nome...pero so conqueríu có ortóptero lle chamase mamón.

16/05/2006 12:12 Autor: An. Enlace permanente. Tema: CONTOS DE TABERNA No hay comentarios. Comentar.




Nun mundo de Paxaradas

Olá ou boas meus, como prefirades, aqui idevos topar cun feixe de incongruencias e paxaradas varias...Asi que espero que as disfrutedes

Temas



Archivos

Enlaces

  • http://paxarada.blogspot.com
  • http://www.tvsptnagaliza.tk/
  • http://www.vieiros.com/index.php
  • http://culturagalega.org/
  • http://falcatruada.com/
  • http://puerquito.f2o.org/
  • http://ilustrando.com


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]