Blogia
Nun mundo de Paxaradas

Contos de taberna 3

SALOUCOS

 

 

Dende onde se atopaba podía ver toda a habitación, era un cuarto pequeno pero con moita luz e eso facíalle sentir mais vivo. Era paradoxico toda a súa vida tivo medo de estar so e toda ela estivo so, non tiña mal carácter pero de ben seguro non era unha persoa agradable; ¿o por que? Quen sabe, quizais polo mero feito de ser coma era, feo e pouco sociable. Téñenlle gustado moitas mozas pero ningunha atopou nel nada, o mais normal e co rexeitaran ríndose del ou se non era rexeitado o remate a relación era por mero interese,pouco tiña que dicir  das súas dúas únicas relacións, el tiña a alma desfeita,  ¿que era o que lle deparaba o mundo agora? ,¿que seria o que faría?, a el gustáballe aquela rapaza, non sabía como pero ela decatouse, e o remate todo acabou coma sempre para el, pero non era un final sen principio máis, xa non tiña gañas de seguir adiante, mirouse o espello e apercibiu que endexamais seria nada. Chorou para si , non quería cos veciños o oirán por aquelas paredes de merda que deixaban pasar todos os ruídos que se facían nos outros pisos. Sentouse na esquina daquela habitación e non se moveu dalo en horas, torturando a súa memoria e os seus sentimentos; de súpeto reparou en que alí, a carón da televisión, un home un pouco gordiño mirábao sen  dicir nada, fitáronse durante un tempo coma espreitándose os rasgos, ata co estraño ergueuse do chan onde sentarase para meirande comodidade e saíu cara a cociña.

  Elías tardou un chisco en reaccionar e logo batendo a cachola e frotando  os ollos seguiuno.O home estaba preparando un bocadillo cun pouco de chourizo e cando notou a presencia do outro desolle:

-   Mira rapaz non tes que chorar, ¿qué perdiches?

De novo frotou os ollos que era aquel vello que estaba alí, como merda chegou a entrar no piso, non tiña nin unha xanela aberta, e a porta estaba atrancada por dentro; quixo preguntarlle pero so soupo respostar a pregunta que lle fixeran.

-   A vida.

-   ¿A vida? Pero se case non a coñeces, ¿qué podias pedir zoupón?

Pensouno ¿qué podía ter pedido? Sen poder evitalo deixou saír un salouco que morreu pouco mais lonxe dos seus beizos, ¿  que podía ter pedido?, pensou a resposta un chisco, para el foron séculos pero en realidade eran meros segundos; podería pedir un pouco de ledicia, pero el soia quería que alguén o quixera como el acostumaba  querer, co corazón.Pero non respostou, fixo el unha nova pregunta.

-   ¿Por que non podo ser feliz?, ¿por que ninguén me quere?

As bagoas esvaraban pola súa faciana sen deixalo case falar.

-   Chámome Valentín- Dixo o vello. – e dende logo es unha mancha moi gorda no meu expediente, pero non perdas a esperanza algún día aparecera alguén que....

-   ¡ E unha merda! Levo oíndo eso toda unha vida, e non pido tanto coño, soia pido un pouco de cariño e que alguén espere por min e que me bote en falla e que me dea un bico sincero, pero Xa Sei que e moito pedir.

O estraño pareceu desconcertado,que pasaba,como se lle fora das mans aquelo que el cría dominado.

-   Non che entendo.

Foi o único que soupo dicir, por primeira vez na súa existencia non soubo que respostar, o rapaz riu amargamente, o seu corazón e a súa mente atopábanse a punto de estourar.

-   ¿non me entende? Entón vostede nunca estibo no meu caso, quixen a unha moza durante moito tempo ¿sabe? E de súpeto decátome que ela non me quería a min . foi moito tempo de cariño non correspondido, no que sentías que algo faltaba, e logo cando todo estoupa, decátaste de que es a ultima merda do mundo, pero tentas pensar que non pasou nada, e voltas a querer con mallor cariño que antes, e decataste que canto mais cariño lle das mais se ri de ti.

Fixo unha pausa que deu un aire mais dramatico a sua narración, choraba con tristeza abrindo o seu corazon a un estraño.

-   se soio fora rirse, pero ben; un tenta seguir, pero decataste de que nunca lle gustas a ninguen e que soio oies a mesma resposta, mira non sei, non me atraes ou mira se non fora por.... nunca teño o cas persoas que eu quero desexan.

O Valentin frunceu o fronte e suspirou preocupado.¿Que facer? Era un caso ben complicado, ¿como facer que ese rapaz sentira de novo gañas de querer despois de sentirse rechazado sistematicamente por toda aquela rapaza que el quixo?.

-   faime un fabor, recita o que sintes, por fabor.

O mozo mirouno con certo noxo.

-   ¿que faga un poema co que sinto?

-   Si por fabor

Atallou o bello

-   Ti estas tolo

-   Por fabor, non creo que sexa tan dificil.

Aquelas palabras tiñan sobre de Elias un estrano poder, non supo negarse.Pechou os ollos e escomenzou a recitar entre saloucos.

-   perdida esta a esperanza, perdida e lonxana xa, a esperanza dalgun dia na vida ser amado, ela foi o faro que alumbrou o camiño por esta mar enbrabescida de orgullo e desengano, pero tras curta travesia o barco do corazon rachou contra os cons da riveira cando a sua luz desapareceu. ¿Para que vivir si o amor non quere camiñar xamais o meu caron?, para que seguir pensando se os pensamentos non teñen razon.

Morre a ialma de door e non atopa fin para un sufrimento de anos. ¿Tan monstruoso son?

¿tan tosco? Por que se me nega o que mais ansio sempre..... morrer e quizais o unico camiño, pero a covardia e maior que calquer outro sentimento.

Interrumpeuse, as vagoas enchian a sua cara e non o deixaban falar, saloucos e mais saloucos saian do mais profundo dos seus sentimentos, calou por fin e ergeu a fronte con serenidade.

-   ¿Topaste mellor? Preguntou o estrano

non obtibo resposta, o mozo atopara as suas, non era nada, non tiña nada, nen guapo nen forte nen listo nen agradable, nen... nada, calado e cun sorriso frio nos beizos alonxouse do home, arrastraba os pes con cada paso que daba e undia a cachola dentro de corpo...

-   ¿oichesme?

Insisteu o bello. El detibose e faloulle con frialdade.

-   Ela ten medo a namorarse de nobo, ten medo a que lle fagan dano de nobo, respetoo, ademais eu non son nadie nen nada e nada podo ofrecerlle, vaite xa,cumpliches a tua mision santo.

Valentin ergueuse no aire e desapareceu mentres Elias entraba na avitacion de novo recitando unha e outra vez, non son nada, non podo ser nada nada terei xamais.

Cando o atoparon os veciños parecia ca ialma se lle fora do corpo, o seu aspecto era vagamente humano.alguen o ergeu e unha voz dendo o lonxe sentenciou a seu final

-   Esta tolo nunca tibo porvenir,e rematou tolo.

E verdadeiramente estaba tolo por que non tibo nunca porbir e por que lle estoupou o corazon entre saloucos  por non sentir  a maravillosa dor do amor.

 

 

Cando Xines rematou non tiña apenas ouintes, alguns emepezaran a sua partida e outros liscaran o retrete onde se formara unha pequena e improvisada cola; O caramuxo mentres esperaba na cola escomenzou a cantar unha cancion que aprenndera en Portopastran, onde el aprendera a navegar antes de  marchares para os caladoiros de africa onde se xuvilou, logo calouse, cousa que todos agradeceron, para pegar logo un gran berro.

         -Eu tamen sei unha historia

alguns reironse, poucos creian capaz a aquel home de artellar unha historia

-                                       A ver home contaa

Sinteuse apollado polos demais que so facian mofa del

-                                       ¿de que trata a tua historia caramuxo?todos o escoitaban

-                                       Dun asasino

            Todos calaron a boca,algun afogou unha risotada que tiña programada e que xa non viña a conto, e calados esperaron a que contase a sua historia, cousa que se demorou un anaco hasta que se deu conta de que os demais estaban a espera de que empezase a falar

 

2 comentarios

An -

Alegrome que che gusten, creo que es a unica persoa que os le ;) GRazas

Verbas ceibes -

Non tiña ointes cando rematou porque a xente non lle gosta escoitar histoiras tristes. Pero todos algunha vez nos sentimos así, cunha vida sen sentido.

Os teus contos da taberna son coma a vida misma.

Bicos.