A caza
Chovía, ventaba e ía unha friaxe de moito nabo; a máis éranche as sete da mañá.
Quen lle mandaría a el ter saído de caza?
O certo é que,daba a pinta, de que por estar fora da casa facía o que fixera falla, e co gallo de liscar cos cans tiña a escusa perfecta, el pouco che sabia que a súa muller calquera escusa lle ía valer, a fin de contas érache xusto o que quería, canto máis lonxe estivese o seu home, máis tempo tería Xurxo o de Xuros para estar con ela.
O lonxe pareceulle ver a alguén, ergueu a man preguiceiro mentres se acochaba baixo uns penedos sen decatarse de que non tivo resposta. A xente falaba que alí, de cando en vez,podias topar unha meiga chuchona,se aparecese, pensaba el, pegaríalle un tiro ven dado en toda a faciana, carallo se llo pegaría.
Os cans, calados, pararon xunto o seu dono, Xocas fitounos e chamou por o que lle faltaba
- Marelo!...Marelo!...Merda de can.-
O non ter resposta do animal pensou que este fora máis listo que el mesmo e liscara xa para a casa.
O pouco escampou, inda así non desapareceu nel esa sensación que deixa a humidade no corpo.
Amarrou os animais ca correa e botou andar ca escopeta aberta, sinónimo de que xa daba por rematada a cacería. Topábase a altura do carreiro que daba o pombal do monte, de cativo acorda ter ido alí co carro, pero agora estábache todo cheo de fento e toxo. Volveu chamar por Marelo, pero o can non contestou,despreocupouse del e continuou a camiñata e a unhas cuncas de onde estaba topouse co seu animal, ou máis ben co que quedaba del.
-Carallo, cando menos o buscas antes o atopas-
O animal estaba escarallado de todo, co pouco corpo que lle quedaba dado volta.
Xocas apertou o colo do seu abrigo,un aire frío e mesto subiulle polo lombo, o mesmo debeulles de pasar o Troi e máis o Sultán que puxeron os pelos crechos coma se fosen gatos.
Ollou o lonxe, a figura que vira topábase agora máis preto.
Cargou a súa escopeta e agarrou en corto os cans.
- Merda que me fixo...Un Lobishome – dixo para si.
Continuou avanzando ca certeza de aquel ser seguiríao ata rematar ca súa vida, pero non che ía ser dese xeito, por o carallo a riba, que diría el mesmo.
O chegar ó regato dos Fúranchos, que separa o monte dunha eira comunal, púxose a mirar as liñas que puxera para as anguías, xa que non che tiña caza polo menos ter algo de pesca.
Agachouse na presa e levantou unha, non lle tiña nada. De súpeto sentiu un aire quente na súa caluga, moi a modo votou a man ao arma , a humidade e os nervios facíano tremer un chisco, pero, ca rapidez propia dun cazador coma el, virouse a apresou os dous gatillos un tempo, os perdigóns perdéronse no aire; fose o que fose o que tivera estado as súas costas desaparecera... O Troi e máis o Sultán tamén.
Introduzo outro par de cartuchos nos mouros buratos e botouse o monte outra vez.
- Me cagho no mundo. O Marelo pase que era un chaiñas...Pero o Troi e o Sultán non, Micagho no mundo.-
A poucos metros topou as súas mascotas, estábanlle ben, soltaranse soias da arbore a que as amarrara.
Os tres estábanche ledos por terse topado , pero o pouco o animais meteron o rabo entre as pernas e arrecuaron. Fronte o home ergueuse unha besta con faciana de lobo e un corpo peludo e animal que en ben pouco lembraba o cristián que tivera sido.
Do seu peteiro saia unha mestura de cuspe e sangue.
A reacción foi inmediata e fixo fuxir a tódolos animais dos arredores.
No chan quedou un corpo sen vida sangrando sen parar .
Xocas abriu a súa escopeta e mirou para a presa, e namentres liscaba deixándoa alí dixo con certo desprezo:
- Vaia unha merda de monte, non che ai nadiña que cazar, claro meten esa merda de especies de fora....e comen as poucas que xa quedaban da terra...Merda de lobishomes, teño a casa chea de pelexos deles, co que comen non deixan unha meiga chuchona nin que lles paguen e menos inda un coello...Co que me gusta a min o coello.
1 comentario
Txanly -