Olá ou boas meus, como prefirades, aqui idevos topar cun feixe de incongruencias e paxaradas varias...Asi que espero que as disfrutedes

Cando eu nacin a miña nai chorou moito, uns din que de pena outros que de mala ostia (perdoando a espresión)e algun que de alegria, o caso é que vin o mundo e as miñas primeiras verbas foron "a lei do revolveg" o paracer unha serie que existia ala por aqueles meus anos de cativo, logo cando empecei a andar, escomenzaron os problemas (para a miña hirmá que me tiña que aturar) pasou o tempo e crecin (non moito a verdade)e fixenme un home de probeito ( todo o que me gorente aprobeitame)e un día fozando no internes..topeime cunha bitacora, e pensei...que nabo e isto ( pode ser que pensara tamen "que chispa nejra e isto", non lembro ben) e dende aquel intre..tentei facer un e adicarlle a miña vida a...bueno inda non sei moi ben a que... xa se me ocurrira de aqui a que teña máis anos.