Blogia
Nun mundo de Paxaradas

Contos de taberna 2

O Vindeiro

Quizais non fixera ben ó gastar as dez pesetas para ver aquela película,pero a verdade era que alí arriba de todo no galiñeiro do Cervantes,sentíase poderoso, ou polo menos máis alto do normal.

O saír do cine comezou a doerlle o xeonllo esquerdo-.Hai cambio de tempo.- Sentenciou. Aínda tiña os ollos bagoosos pero non deixou saír ningún salaio. Gustaríalle poder cantar aquela canción “ Pisa morena, pisa con garbo...” Comezaba a creer que aqueles dous pesos foran ben investidos.

Persignouse cadenciosamente ó pasar polo convento de Vista Alegre, e adicouse a pensar que farían as monxas alí pechas. Alguén que pasaba nunha bicicleta, saudou erguendo o brazo. Pareceulle Carlos, o fillo de Lucho, pero non devolveu o saúdo. Tíñache ben poucas ganas, só dixo para si. “Que ben vive ese carallo e eu aquí fodido”. Si. Xoán estaba ben fodido, tiña mal o xeonllo, o pulmón, a columna, a... Ben, atopábase feito un noxo, e a culpa era da mina. Pasou moito tempo ala en Sanfíns a extraer o estaño, e ata quedou sepultado. Ninguén mirara pola súa saúde. Daquela, cando o sacaron de entre os escombros e cascallos, os amigos mofábanse del por que cada vez que esbirraba, o seu oído esquerdo pitaba coma o asubío do sereno. El gabacheaba de que se tapaba o nariz e mailo boca podía respirar pola orella, pero a xente non lle facía caso. Agora non oe nada por ese oído, pero el pensa que non lle fai moita falla: para o que hai que oír.

Pouco a pouco, sen decatarse, chegou a Fontecarmoa. Pasando entre murallas lembrou o que os vellos dicían -Fontecarmoa dende lonxe parece vila, ten un choqueiro na entrada e unha farsa na saída. Nunca comprendeu aquel dito que tanto tiña oído na matanza do porco alá polo San Martiño.

De súpeto pegáronlle unhas ganas enormes de mexar, e alí, contra un valo, comezou a vaciarse. Pasou por alí o párroco e botoulle unha burla. El respostou cunha gargallada. Feita a súa necesidade, continuou camiñando. Caíalle ben o señor cura, non podía decir o mesmo de moita xente da aldea. Odiaba os novas, os Sopícaros, os Petos, os Caxaravillas, os Vechos, os Cheirolas, os...non, os Rasilla non, que eles son os donos de case toda a parroquia e ademais tenlles levado moitas veces a vaca a braña que hai tras da súa casa, na de María Culler. O señor Rasilla sempre pensou que aquel era un bo sitio para facer un campo de fútbol, e ¿quen sabe?, ó mellor co tempo... Pero el non era quen de odiar a ninguén, noso pai xa deixou escrito que nos amaramos todos.

Santiguouse ó pasar a beira da igrexa, e o mesmo fixo fronte ó cruceiro; alí, prendeulle lume a un pito e fumouno ata ven subida a costa. O pouco comezou a amorriñar, el botou unha maldición contra o tempo e maila nai que o fixo que non ten culpa. Afondou a testa no colo do seu abrigo e comezou a correr salpicando a herba co incipiente fango. Ninguén o volveu ver, e ninguén se preocupou por que tivera desaparecido, a fin de contas, so era un vindeiro

Cando Rematou a parolada, todos sentíanse algo culpables e non sabían moi ben por que. Algún inda co ocultara cun lixeiro touisido deixou liscar un salouco, alguén fixo o comentario e todos o negaron, o Xines riuse e dixo que coñecía algunha historia sobre o tema, o Pandurillo para vingarse animouno a contalo pero como sempre o señor Luís meteuse no medio.

- Que vai saber este, que vai saber, se non foi nada o colexio

O outro vello sentoulle mal o comentario do seu amigo, mirouno de esguello e contestou.

- tiven esa desgracia , pero outros con ir máis saben menos ca min

houbo unha gargallada xeral, ata o aludido se riu e botoulle a man polo lombo o seu amigo que cuspiu, botou un grolo de súa cunca de pais e comezou co seu conto, non sen antes advertirlle os presentes que aquela historia lla contara un cura que se casara cunha comadroa de Vilatanxibre,unha vez que fíxoa aclaración comezou a falar.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

2 comentarios

An -

Graciñas por ter pasado, e onde vou metendo todo o que non sei onde meter ;) os relatos de contos de taberna sonche un bo exemplo, a ver si hoxe poño outro :)O que dias dos colexios publicos e o mesmiño que eu penso, se se vota man dos de pago degradase a ensinanza publica...unha magoa

Verbas ceibes -

É curioso eso de que non poder poder haber ido a escola é unha desgracia. Escoiteino moitas veces á xente vella. ¡Qué pena que defendamos tan pouco a escola pública! A min moita xente tildame de comunista por ser unha acérrima defensora dos colexios públicos.

Non coñecía este blog teu. Estiven botándolle unha ollada é pareceme interesante.

Bicos.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres