Blogia
Nun mundo de Paxaradas

Contos de taberna ( o inicio)

Pois o certo é que outras cousas lebanme o tempo que teria que ter para esta paxina...puf...sego ca historia de asubrealista vida de este home...pero dun xeito máis repousado, o traballo e a tira de Paxaradas, non me deixan tempo para máis, de todos xeitos quero actualizar máis a miudo. Empezarei de cero con contos de taberna...irei poñendoa eiqui pouco a pouco xa que ese si esta rematado :)Non esquezades postear para saber se ten exito. imos ala :

 

 

CONTOS DE TABERNA

 

A neve cubría os campos de Donante incomunicándoa con outras aldeas; cousa que a ninguén lle importaba un carallo, se fai frío escorregase, acostumaban a dicir; e que mellor sitio para facelo ca taberna. Alí dirixíase Manolo << O Panduriño>>,chamábanlle así por lle facer mofa, que segundo el mesmo dicía, nunca comía pan do día por que se lle pegaba os dentes e igual lle caian o lavalos, ou podía afogar, con el ía <<O Irlandés>> que rompeu o silencio.

-                           oes, ¿sabes que vou ter un fillo?

-                           Home pois alégrome

De novo calaron e de novo non foi Manolo o primeiro en falar.

-Pois eu non tanto, si o tivese a miña muller seria mellor.

Tremendo do frío avanzaban a duras penas polo branco manto, chegando o seu destino cando pensaban que se lles conxelaban os pes, bateron a porta do antro  deixando co cargado e quente aire do interior penetrara polos seus poros .

O local era pequeno, con xamóns no teito berquendo a súa grasoada, piso de pedra con moitos saíntes, unha longa barra e catro mesas; atendía alí como lexitimo dono Antón, un home de pouco comer, moito beber e máis parolar.

-¿Qué vos poño Manolo?

Preguntou os recen cegados con moito animo.

-                           ¿pero que vai ser alma cándida?, ¿qué vai ser?

O taberneiro colleu dúas copas e con certa torpeza, adquirida cos anos, serveulles sansón. Un vello chamou por Manolo.

-   Ti rapas, ben paca- desolle- Cóntalle o fendemillos do Xines o conto do venideiro. Manolo pensou un chisco e tomou un pequeno sorbo da súa bebida.

-   Non señor Luís, non llo conto.

O vello sentiuse ofendido,xuntou as cellas e montou un beizo por riba do outro

-                           Que non o conto poña como se poña, que non sei contalo

O ancián inda parecía máis encarrabuxado.

-                           Pois a si che salja un callo na punta do...

-                           Luís, home

Interrompeuno o seu amigo

-                           Que pasa, ía dicir do naris

-                           E eu son Jalloso, non che toca o nabo.

-                           Agora disechelo ti

O taberneiro divertíase escoitando a berra dos vellos, pero Manolo non a aturaba, o irlandés liscara a mexar e parecíalle que lle ía estourar a cachola

-                           Pois ben contareina, pero os demais tamén teñen que contar algunha.

Todos asentiron, Señor Luís e o Xines prestaban atención como se foran dous nenos a punto de escoitar un conto de fadas. Manolo apurou o Sansón e físolle un aceno a Antón para ca enchera de novo, este colleu a botella e unha copa para el e sentouse a carón dos contertuluios os que xa se unira algún veciño máis.

-                           ¿Qué? ¿escomenzas a parolada ou que?

Espetou alguén. Non che tiña moitas gañas de contalo, non entendía o interese por aquel conto, dubidaba de que tal como llo contara o defunto do seu pai fose certo. Xines pareceu adiviñar o que pensaba.

-                           Mira rapas, ti es o único que sabe ben esa historia, por que es o primeiro e o derradeiro o que llo contou teu pai, que en paz descanse.

Soou un finxido e xeral amen.

-                           así que cóntao dun raio de vez.

Suspirou, que faría el para merecer aquelo, polo menos esperaba que lle pagaran as súas copas, como non tiña mais remedio comezou a súa historia ca absoluta atención de todos.... (A seguir de aqui a pouco)

 

0 comentarios