Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2005.

01/06/2005

Estrana sensación

Xa facía moito que non escribía nadiña no meu blog.
Arestora síntome un chisco deprimido..Non che sei por que..quizais por que me sinto moi inútil, o estar sen chollo non me senta nada ben...O peor de todo é que o saber que o mellor empezo a traballar non fai que me sinta mellor, non che sei por que, eu creo que é por que me gusta o curso.. e outras cousas...Cantos puntos suspensivos escribo hoxe, alguén debería facer un estudio sobre a relación dos puntos suspensivos nun testo e o grao de depresión do que escrebe, o mellor descobre algo interesante.Ben, por unha banda alégrome de que ninguén (polo que parece) lea o blog así pode escribir tolemias coma esta... máis puntos suspensivos para rematar por agora.......
01/06/2005 09:53 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

ENCE-tampoucojif.gifPidenme que faga un comentario deixando eco da manifestación contra a permanencia de Ence en Lourizan..é como son moi obediente aquí o poño:
manifestación. Sábado 4 ás 20:30.
Praza da Ferrería.
Pontevedra. PASAO.
E eu o paso...O certo é que despois de ter traballado alí e ver como esta aquelo... E imaxinar como podería estar, síntome na obriga de axudar nesta campaña. Non estou contra Ence, nin contra os postos de traballo que representa a fabrica, pero considero co lugar que agora ocupa non che é o máis adecuado, cada un que saque a súas conclusións, pero Ence podería ser moito menos contaminante do que agora é, e podería trasladarse mantendo os postos de traballo por o que lle costa facer dúas paradas anuais para reparar todas as avarías..A coidarse e visitade http://www.encebuscasitio.com. Que se non o digo mátanme.
Antes de que me esqueza, a imaxen é da paxina Http://www.adegagaliza.org/varios/ence/ence.htm, moi interesante, en serio.
01/06/2005 10:28 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.




Nun mundo de Paxaradas

Olá ou boas meus, como prefirades, aqui idevos topar cun feixe de incongruencias e paxaradas varias...Asi que espero que as disfrutedes

Temas



Archivos

Enlaces

  • http://paxarada.blogspot.com
  • http://www.tvsptnagaliza.tk/
  • http://www.vieiros.com/index.php
  • http://culturagalega.org/
  • http://falcatruada.com/
  • http://puerquito.f2o.org/
  • http://ilustrando.com


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]