
|
Contos de taberna 5O RETRETE ASASINO (OU ESCREPCION FATAL)
Era un xelido dia de nadal.Nunha cafeteria (omito o nome por non facer publicidade) atópabase Raimundo Estévez cossus, de profesión contable e residente na rua do Vilar en Santiago, tomando o seu cafelito matutino; de supeto lembrou que non escretara ó sair da casa, os seus ollos encendéronse; non podia ir na oficina, se queria o aumento de soldo tiña que deixar ofigado derriva da mesa. Correu cara o retrete do establecemento, ó entrar foi invadido por un abafante cheiro a revoltos seguido dun son que identificou como o ruido das vellas cañerías de chumbo. Baixou os seu pantalón de Adolfo Domínguez e sentouse na taza ( perdoade xa fixen propaganda) para erguerse como unha chispa para a mesma velocidade retirar os calzons, de novo co cu no retrete comenzou a sua escrección (acompañada polo que oin dunha suave micción) ; cando xa remataba sinteu que algo turraba del cara a baixo , el turrou para arriva con todas as suas forzas e non lograba safarse do co suxeitaba, agarraosue da cadea e a auga fixo que se poidese ceivar do seu perigoso enemigo ,pero tal era a forza que puso no seu empeño que non puido evitar bater contra da porta e caer o chan ca testa fendida,o brazo meteuno xusto no vurato do vater, que sen piedade cerrouse de riva de si mesmo arrincandolle o brazo o sufrido ellector. O sangue cubría as paredes,a taza saltou sobor dun pé do desgraciado, Estévez que para librarse do asesino turrou de nobo da cadea , o vater soltouno o tempo que emitía un láio de door. O sangue cubria as paredes, a taza e o corpo do oficinista; o retrete comenzou a cuspir aquela auga que lle facia tanto dano, algunha caeu sobor do bandullo do señor cossus, e resultou ca auga non era tal , era acido e comenzou a abrir un enorme boquete naquel orondo fulano, boquete polo cal sairon as tripas. O retrete case recuperado, comenzou de nobo a chuchar o pe de Raimundo , este ultimo suxeitando as tripas ca sua man turrou da cañería sabendo que xa non tiña posibilidade de se salvar; e o acido comenzou a brotar dela e coemenzou a desfacer tamen os dous ribais. Cando Andoni Odol Ahula (viaxante e residente en Alsasua) foi mexar, non atopou o retrete, ali so habia unha mestura de sangue,visceras, sesos e louza; asi que o unico que fixo foi vomitar, por que aquel home non estaba afeito a aquelas sangrias.
¿Gustouvos o conto?
-. Non nos hiva a gustar, mañan xa yo conto a muller para que yo conte os rapaces antes de ir durmir. Inda que nadie o queria recoñecer a historia si que daba un pouco de medo, e mais a inda que medo noxo, algun dos que tiñan pensado visitar o escusado prefiriron aguantar un anaco máis. Xa poucos quedaban por contar algun conto, pero todos se animaran a facelo, Antonio fixo calar a todos, dispuxo unha rolda gratis, apagou algunha luz e empezou a falar amodiño, o naris vermello daballe un ton estrano na penumbra na que se atopaba.- Escoitademe carallo, escoitademe que vouvos contar un conto de medo dos de verdade, non maricalladas, ides esterreciros de medo.- Alguen rieu e el fitouno coa cara que lle puña os morosos, o atrevido calou de contado. Contos de taberna 4Levado de ñapa
Lembro aquelo todo, cada intre repítese dentro de min. As campás que marcan os pasos dos cadaleitos marcan tamén a miña culpa, o mesmo cos saloucos dos alí presentes. Pensas e voltas a pensar e se cadra non o tiñan merecido; aquel fulano estaba moi fodido. Era cedo e o orballo entrábame polo lombo deica os ósos. Vino entrar na casa, cunha bolsa apertada contra as súas costas, lixeiro coma un gato. Pensei <<Monte de merda>> e carguei a arma. Subín os escalóns correndo o sangue axitábaseme. Deixei a porta acesa dunha patada, e alí estaba cos olllos húmidos e abertos, sen entender rem, sacando da bolsa os restos de comida que recolleu no lixo. Un neno pequeño choraba no colo dunha muller, a sua dona e o sue fillo a bon seguro. Non houbo tempo para verva algunha. Tres tiros, coma sempre, dous no peito e o último na testa. Para min o home caeu a cámara lenta, a sua dona apertouse a el, emporcándose no sangue espallado polo chan. <<Nada de testemuñas Largo>>; Valeirei o cargador na muller e o catibo. Este, inocente non comprendeu nada, morreu limpo. Agora mentres tres campas cobren eses corpos, que cecais todos esquezan, inda non sei por que o fixen, pero esas rochas que cobren os cadaleitos pesan sobre min, e eu non quero ser eterno, non quero ter sempre esta dor. Ogallá que neve logo, gustame o sorriso dos nenos xogando.
- Carallo caramuxo, onde oiches ese conto. – como non reciveu resposta o Irlandes insiteu – ¿ouchis o? Onde escoitaches ese conto- - Que non é un conto carallo que mo dixo un primo segundo da miña muller que lle pasara o seu curman- Algun botou unha gargallada, o conto fora serio, incluso algun botou unha bagoa pero do caramuxo reianse polo que fora. -Se e por contos de medo eu sei un que me contaron cando estaba na facultade en Santiago- bardallou o Señor miguel, pero igual non vos gosta.- - A nos gostanos todo mestre, conte,conte- O mestro puxose serio – Estades seguros, non e un relato nada agradable- Algun rieuse, outro apurou o chato e o que quedaba fitouno sen decir nada, pero o Antón faloulle – Veña home, que non somos nada mixiricas- o caramuxo cuspindo media copa sobre os demais tamen quiso animalo – Si vira vostede o que eu vi, si vos virades o que eu vin por esas terras apartadas dos cristians- Si, si caramuxo, o que ti dijas, pero deixa co mestre conte a historia- Miguel arranxou o no da sua garabata e de nobo e por ultima vez , como nas estacions de trens, deu un aviso. – advirtovos que non e agradable pero ben, ala vou.Contos de taberna 3SALOUCOS
Dende onde se atopaba podía ver toda a habitación, era un cuarto pequeno pero con moita luz e eso facíalle sentir mais vivo. Era paradoxico toda a súa vida tivo medo de estar so e toda ela estivo so, non tiña mal carácter pero de ben seguro non era unha persoa agradable; ¿o por que? Quen sabe, quizais polo mero feito de ser coma era, feo e pouco sociable. Téñenlle gustado moitas mozas pero ningunha atopou nel nada, o mais normal e co rexeitaran ríndose del ou se non era rexeitado o remate a relación era por mero interese,pouco tiña que dicir das súas dúas únicas relacións, el tiña a alma desfeita, ¿que era o que lle deparaba o mundo agora? ,¿que seria o que faría?, a el gustáballe aquela rapaza, non sabía como pero ela decatouse, e o remate todo acabou coma sempre para el, pero non era un final sen principio máis, xa non tiña gañas de seguir adiante, mirouse o espello e apercibiu que endexamais seria nada. Chorou para si , non quería cos veciños o oirán por aquelas paredes de merda que deixaban pasar todos os ruídos que se facían nos outros pisos. Sentouse na esquina daquela habitación e non se moveu dalo en horas, torturando a súa memoria e os seus sentimentos; de súpeto reparou en que alí, a carón da televisión, un home un pouco gordiño mirábao sen dicir nada, fitáronse durante un tempo coma espreitándose os rasgos, ata co estraño ergueuse do chan onde sentarase para meirande comodidade e saíu cara a cociña. Elías tardou un chisco en reaccionar e logo batendo a cachola e frotando os ollos seguiuno.O home estaba preparando un bocadillo cun pouco de chourizo e cando notou a presencia do outro desolle: - Mira rapaz non tes que chorar, ¿qué perdiches? De novo frotou os ollos que era aquel vello que estaba alí, como merda chegou a entrar no piso, non tiña nin unha xanela aberta, e a porta estaba atrancada por dentro; quixo preguntarlle pero so soupo respostar a pregunta que lle fixeran. - A vida. - ¿A vida? Pero se case non a coñeces, ¿qué podias pedir zoupón? Pensouno ¿qué podía ter pedido? Sen poder evitalo deixou saír un salouco que morreu pouco mais lonxe dos seus beizos, ¿ que podía ter pedido?, pensou a resposta un chisco, para el foron séculos pero en realidade eran meros segundos; podería pedir un pouco de ledicia, pero el soia quería que alguén o quixera como el acostumaba querer, co corazón.Pero non respostou, fixo el unha nova pregunta. - ¿Por que non podo ser feliz?, ¿por que ninguén me quere? As bagoas esvaraban pola súa faciana sen deixalo case falar. - Chámome Valentín- Dixo o vello. – e dende logo es unha mancha moi gorda no meu expediente, pero non perdas a esperanza algún día aparecera alguén que.... - ¡ E unha merda! Levo oíndo eso toda unha vida, e non pido tanto coño, soia pido un pouco de cariño e que alguén espere por min e que me bote en falla e que me dea un bico sincero, pero Xa Sei que e moito pedir. O estraño pareceu desconcertado,que pasaba,como se lle fora das mans aquelo que el cría dominado. - Non che entendo. Foi o único que soupo dicir, por primeira vez na súa existencia non soubo que respostar, o rapaz riu amargamente, o seu corazón e a súa mente atopábanse a punto de estourar. - ¿non me entende? Entón vostede nunca estibo no meu caso, quixen a unha moza durante moito tempo ¿sabe? E de súpeto decátome que ela non me quería a min . foi moito tempo de cariño non correspondido, no que sentías que algo faltaba, e logo cando todo estoupa, decátaste de que es a ultima merda do mundo, pero tentas pensar que non pasou nada, e voltas a querer con mallor cariño que antes, e decataste que canto mais cariño lle das mais se ri de ti. Fixo unha pausa que deu un aire mais dramatico a sua narración, choraba con tristeza abrindo o seu corazon a un estraño. - se soio fora rirse, pero ben; un tenta seguir, pero decataste de que nunca lle gustas a ninguen e que soio oies a mesma resposta, mira non sei, non me atraes ou mira se non fora por.... nunca teño o cas persoas que eu quero desexan. O Valentin frunceu o fronte e suspirou preocupado.¿Que facer? Era un caso ben complicado, ¿como facer que ese rapaz sentira de novo gañas de querer despois de sentirse rechazado sistematicamente por toda aquela rapaza que el quixo?. - faime un fabor, recita o que sintes, por fabor. O mozo mirouno con certo noxo. - ¿que faga un poema co que sinto? - Si por fabor Atallou o bello - Ti estas tolo - Por fabor, non creo que sexa tan dificil. Aquelas palabras tiñan sobre de Elias un estrano poder, non supo negarse.Pechou os ollos e escomenzou a recitar entre saloucos. - perdida esta a esperanza, perdida e lonxana xa, a esperanza dalgun dia na vida ser amado, ela foi o faro que alumbrou o camiño por esta mar enbrabescida de orgullo e desengano, pero tras curta travesia o barco do corazon rachou contra os cons da riveira cando a sua luz desapareceu. ¿Para que vivir si o amor non quere camiñar xamais o meu caron?, para que seguir pensando se os pensamentos non teñen razon. Morre a ialma de door e non atopa fin para un sufrimento de anos. ¿Tan monstruoso son? ¿tan tosco? Por que se me nega o que mais ansio sempre..... morrer e quizais o unico camiño, pero a covardia e maior que calquer outro sentimento. Interrumpeuse, as vagoas enchian a sua cara e non o deixaban falar, saloucos e mais saloucos saian do mais profundo dos seus sentimentos, calou por fin e ergeu a fronte con serenidade. - ¿Topaste mellor? Preguntou o estrano non obtibo resposta, o mozo atopara as suas, non era nada, non tiña nada, nen guapo nen forte nen listo nen agradable, nen... nada, calado e cun sorriso frio nos beizos alonxouse do home, arrastraba os pes con cada paso que daba e undia a cachola dentro de corpo... - ¿oichesme? Insisteu o bello. El detibose e faloulle con frialdade. - Ela ten medo a namorarse de nobo, ten medo a que lle fagan dano de nobo, respetoo, ademais eu non son nadie nen nada e nada podo ofrecerlle, vaite xa,cumpliches a tua mision santo. Valentin ergueuse no aire e desapareceu mentres Elias entraba na avitacion de novo recitando unha e outra vez, non son nada, non podo ser nada nada terei xamais. Cando o atoparon os veciños parecia ca ialma se lle fora do corpo, o seu aspecto era vagamente humano.alguen o ergeu e unha voz dendo o lonxe sentenciou a seu final - Esta tolo nunca tibo porvenir,e rematou tolo. E verdadeiramente estaba tolo por que non tibo nunca porbir e por que lle estoupou o corazon entre saloucos por non sentir a maravillosa dor do amor.
Cando Xines rematou non tiña apenas ouintes, alguns emepezaran a sua partida e outros liscaran o retrete onde se formara unha pequena e improvisada cola; O caramuxo mentres esperaba na cola escomenzou a cantar unha cancion que aprenndera en Portopastran, onde el aprendera a navegar antes de marchares para os caladoiros de africa onde se xuvilou, logo calouse, cousa que todos agradeceron, para pegar logo un gran berro. -Eu tamen sei unha historia alguns reironse, poucos creian capaz a aquel home de artellar unha historia - A ver home contaa Sinteuse apollado polos demais que so facian mofa del - ¿de que trata a tua historia caramuxo?todos o escoitaban - Dun asasino Todos calaron a boca,algun afogou unha risotada que tiña programada e que xa non viña a conto, e calados esperaron a que contase a sua historia, cousa que se demorou un anaco hasta que se deu conta de que os demais estaban a espera de que empezase a falar
Contos de taberna 2O Vindeiro Quizais non fixera ben ó gastar as dez pesetas para ver aquela película,pero a verdade era que alí arriba de todo no galiñeiro do Cervantes,sentíase poderoso, ou polo menos máis alto do normal. O saír do cine comezou a doerlle o xeonllo esquerdo-.Hai cambio de tempo.- Sentenciou. Aínda tiña os ollos bagoosos pero non deixou saír ningún salaio. Gustaríalle poder cantar aquela canción “ Pisa morena, pisa con garbo...” Comezaba a creer que aqueles dous pesos foran ben investidos. Persignouse cadenciosamente ó pasar polo convento de Vista Alegre, e adicouse a pensar que farían as monxas alí pechas. Alguén que pasaba nunha bicicleta, saudou erguendo o brazo. Pareceulle Carlos, o fillo de Lucho, pero non devolveu o saúdo. Tíñache ben poucas ganas, só dixo para si. “Que ben vive ese carallo e eu aquí fodido”. Si. Xoán estaba ben fodido, tiña mal o xeonllo, o pulmón, a columna, a... Ben, atopábase feito un noxo, e a culpa era da mina. Pasou moito tempo ala en Sanfíns a extraer o estaño, e ata quedou sepultado. Ninguén mirara pola súa saúde. Daquela, cando o sacaron de entre os escombros e cascallos, os amigos mofábanse del por que cada vez que esbirraba, o seu oído esquerdo pitaba coma o asubío do sereno. El gabacheaba de que se tapaba o nariz e mailo boca podía respirar pola orella, pero a xente non lle facía caso. Agora non oe nada por ese oído, pero el pensa que non lle fai moita falla: para o que hai que oír. Pouco a pouco, sen decatarse, chegou a Fontecarmoa. Pasando entre murallas lembrou o que os vellos dicían -Fontecarmoa dende lonxe parece vila, ten un choqueiro na entrada e unha farsa na saída. Nunca comprendeu aquel dito que tanto tiña oído na matanza do porco alá polo San Martiño. De súpeto pegáronlle unhas ganas enormes de mexar, e alí, contra un valo, comezou a vaciarse. Pasou por alí o párroco e botoulle unha burla. El respostou cunha gargallada. Feita a súa necesidade, continuou camiñando. Caíalle ben o señor cura, non podía decir o mesmo de moita xente da aldea. Odiaba os novas, os Sopícaros, os Petos, os Caxaravillas, os Vechos, os Cheirolas, os...non, os Rasilla non, que eles son os donos de case toda a parroquia e ademais tenlles levado moitas veces a vaca a braña que hai tras da súa casa, na de María Culler. O señor Rasilla sempre pensou que aquel era un bo sitio para facer un campo de fútbol, e ¿quen sabe?, ó mellor co tempo... Pero el non era quen de odiar a ninguén, noso pai xa deixou escrito que nos amaramos todos. Santiguouse ó pasar a beira da igrexa, e o mesmo fixo fronte ó cruceiro; alí, prendeulle lume a un pito e fumouno ata ven subida a costa. O pouco comezou a amorriñar, el botou unha maldición contra o tempo e maila nai que o fixo que non ten culpa. Afondou a testa no colo do seu abrigo e comezou a correr salpicando a herba co incipiente fango. Ninguén o volveu ver, e ninguén se preocupou por que tivera desaparecido, a fin de contas, so era un vindeiro
Cando Rematou a parolada, todos sentíanse algo culpables e non sabían moi ben por que. Algún inda co ocultara cun lixeiro touisido deixou liscar un salouco, alguén fixo o comentario e todos o negaron, o Xines riuse e dixo que coñecía algunha historia sobre o tema, o Pandurillo para vingarse animouno a contalo pero como sempre o señor Luís meteuse no medio. - Que vai saber este, que vai saber, se non foi nada o colexio O outro vello sentoulle mal o comentario do seu amigo, mirouno de esguello e contestou. - tiven esa desgracia , pero outros con ir máis saben menos ca min houbo unha gargallada xeral, ata o aludido se riu e botoulle a man polo lombo o seu amigo que cuspiu, botou un grolo de súa cunca de pais e comezou co seu conto, non sen antes advertirlle os presentes que aquela historia lla contara un cura que se casara cunha comadroa de Vilatanxibre,unha vez que fíxoa aclaración comezou a falar.
|
Nun mundo de PaxaradasOlá ou boas meus, como prefirades, aqui idevos topar cun feixe de incongruencias e paxaradas varias...Asi que espero que as disfrutedes
TemasArchivos
Enlaces |
Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras