Blogia

Nun mundo de Paxaradas

Paxaradas3

Paxaradas3

No mundo, polo que parece, existen amores imposibles, non por mor da raza, ou da cor, ou do sexo, se non por mor dunha moral revirada que xoga cos sentimentos dos demais pero non consinte cos demais opinen sobre do seu. O carneiro namórase da corvo e o pai dela impide o amor a pesares do mimetismo agónico que o mamífero intenta. Non miremos para moi lonxe por que existe xente que inda cree que o amor e bater a golpes a súa dona e que dous homes xuntos sonche unha aberración. Saquemos o chapeu e esperemos a que a ignorancia salga dos nosos miolos facéndonos un chisco máis ceibes.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Estrana sensación

Xa facía moito que non escribía nadiña no meu blog.
Arestora síntome un chisco deprimido..Non che sei por que..quizais por que me sinto moi inútil, o estar sen chollo non me senta nada ben...O peor de todo é que o saber que o mellor empezo a traballar non fai que me sinta mellor, non che sei por que, eu creo que é por que me gusta o curso.. e outras cousas...Cantos puntos suspensivos escribo hoxe, alguén debería facer un estudio sobre a relación dos puntos suspensivos nun testo e o grao de depresión do que escrebe, o mellor descobre algo interesante.Ben, por unha banda alégrome de que ninguén (polo que parece) lea o blog así pode escribir tolemias coma esta... máis puntos suspensivos para rematar por agora.......

Reflexando a realidade.Bush e intelixencia

Reflexando a realidade.Bush e intelixencia

Fágome eco dun comentario feito na bitácora “galupin” ( http://galupin.blogsome.com/ ), e poño debaixo do mesmo a miña resposta; a ver se quece un pouco esto que parece que ninguén ten nada que dicir
Galupin:
Coma sempre, infalíbel:
“Queremos que a democracia triunfe no Líbano. E sabemos que non pode triunfar mentres estea ocupado por forzas extranxeiras”.

Completamente de acordo, Xurxo. Agora, pódesme repetir as razóns para manter as forzas extranxeiras en Iraq? Será só para xogar ao pimpampum con periodistas díscol@s?

Paxaradas:
O que acontece e que Bush cree que é o dono do mundo, e por o tanto o seu país nunca é estranxeiro...nunca invade...e nunca se trabuca. Fai pouco dixo que o que fallou en Iraq foi a intelixencia americana , e a verdade créocho ben, a intelixencia americana parece fallar en Iraq e en moitos sitios.

P.D. antes de que me esqueza a imaxe é da paxina yooha.meepzorp.com (obrigado)

Paxaradas1

Paxaradas1

A realidade supera a ficción, típico tópico. O marido síntese enganado mentres a súa muller asubía a realidade das posibilidades xenéticas....O mundo éche así.non che ai inocentes nin culpables, so vontades inxeles a prol dunha vida difícil

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Realidade e percepción

Realidade e percepción

Boas Xefe Merino:
Creo que foi Bergman quen dixo que todo é cambiante, e que por elo, é imposible captar a realidade. Eu creo que o que cambia é a nosa percepción desa realidade,si, estou de acordo que a natureza ten un forte compóñente metamórfico, pero tamén é certo que o termo “ realidade “ inclúe moito máis do que se pode amosar por medio fisiconaturais...A máis, unha pedra segue a ser unha pedra por moito que troque a nosa perspectiva dela, co paso do tempo pode cambiar a súa forma ( ou desaparecer) pero para a meirande parte de nós ese cambio non é perceptible, é a súa realidade é que segue sendo unha pedra.
O feito de que a realidade troque segundo sexa a nosa percepción dela non deixa de ser un problema...e un problema moi gordo ¿Por que? Pois por a sinxela razón de que a nosa percepción ( non son de opxetos e cousas se non tamén de ideas e feitos) e sinxela de manipular. A historia da nosa percepción (individual ou colectiva) esta chea de manipulacións, dende as máis “inocentes” (Todos nós deixamos enganar cando imos a un espectáculo de maxia) ata as máis agresivas ( a publicidade por exemplo) e a medida que o acceso a información aumenta, nosa “liberdade perceptiva” diminúe e vese máis ameazada, polo que podemos considerar os medios de comunicación como os meirandes “manipuladores” sensoriais.
A nosa visión das cousas tamén troca segundo sexan nosos propios intereses ( ou intereses alleos que nos fan ver coma nosos) Así, un aborixe da Amazónia, vería unha hectárea da xungla coma un lugar idóneo para a caza, a recolección e demais necesidades básicas; pero un empresario (occidental ou non, non nos equivoquemos) vería a mesma hectárea como un lugar ideal para obter futuros mobles de deseño ( entre outras moitas posibilidades).
Somos pois escravos da nosa percepción, e a nosa percepción o é dos nosos sensos, os cales, por desgracia, son sinxelos de enganar. ¿ Que conclusión saco de todo isto? Pois certamente non o sei, a liberdade humana depende dun factor moi variable como é a súa propia capacidade de discernir o que é real ou non, do que é natural. Polo cal o home canto máis se separe da súa condición “animal” máis fácil é que perda todo contacto ca “realidade” que ó rodea...Quizais debiamos de parar un chisco e replantarnos noso lugar neste mundo que nós tocou, o mellor deste xeito poderiamos captar a realidade é reflexala nuns actos adecuados...quen sabe..”maña” o veremos.
Ben non che dou máis a lata, a coidarse meu

Xa estou aqui

Xa vedes, escomenza para min unha andaina na rede, espero non enredar con ningunha malla, aqui falarase de todo, sempre e cando todo non sexan varvaridades aberrantes ou se traten temas escesibamente lascivoinnecesarios (dame que inbentei un novo termo)Pouco a pouco iran aparecendo novas cousiñas, tiras comicas de paxaradas, comentarios...quen sabe o mellor ata pasa por aqui alguen famoso e me fago rico...Bueno..disfrutade do pouco que por agora podedes topar e vinde a miudo para ver que vou engadindo. A coidarse.

O VINDEIRO

O  VINDEIRO

CONTOS DE TABERNA

A neve cubría os campos de Donante incomunicándoa con outras aldeas; cousa que a ninguén lle importaba un carallo, se fai frío escorregase, acostumaban a dicir; e que mellor sitio para facelo ca taberna. Alí dirixíase Manolo “ O panduriño”,chamábanlle así por lle facer mofa, que segun el mesmo dicía, nunca comía pan do día por que se lle pegaba os dentes e igual lle caian o lavalos, ou podía afogar, con el ía “O irlandés” que rompeu o silencio.
- oes, ¿sabes que vou ter un fillo?
- Home pois alégrome
De novo calaron e de novo non foi Manolo o primeiro en falar.
-Pois eu non tanto, si o tivese a miña muller seria mellor.
Tremendo do frío avanzaban a duras penas polo branco manto, chegando o seu destino cando pensaban que se lles conxelaban os pes, bateron a porta do antro deixando co cargado e quente aire do interior penetrara polos seus poros .
O local era pequeno, con xamóns no teito vertendo a súa grasoada, piso de pedra con moitos saíntes, unha longa barra e catro mesas; atendía alí como lexitimo dono Antón, un home de pouco comer, moito beber e máis parolar.
-¿Qué vos poño Manolo?
Preguntou os recen cegados con moito animo.
- ¿pero que vai ser alma cándida?, ¿qué vai ser?
O taberneiro colleu dúas copas e con certa torpeza, adquirida cos anos, serveulles santón. Un vello chamou por Manolo.
- Ti rapas, ben paca- desolle- Cóntalle o fendemillos do Xines o conto do venideiro. Manolo pensou un chisco e tomou un pequeno sorbo da súa bebida.
- Non señor Luís, non llo conto.
O vello sentiuse ofendido,xuntou as cellas e montou un beizo por riba do outro
- Que non o conto poña como se poña, que non sei contalo
O ancián inda parecía máis encarrabuxado.
- Pois a si che salja un callo na punta do...
- Luís, home
Interrompeuno o seu amigo
- Que pasa, ía dicir do naris
- E eu son Jalloso, non che toca o nabo.
- Agora diséchelo ti
O taberneiro divertíase escoitando a berra dos vellos, pero Manolo non a aturaba, o irlandés liscara a mexar e parecíalle que lle ía estourar a cachola
- Pois ben contareina, pero os demais tamén teñen que contar algunha.
Todos asentiron, Señor Luís e o Xines prestaban atención como se foran dous nenos a punto de escoitar un conto de fadas. Manolo apurou o Sansón e fisolle un aceno a Antón para ca enchera de novo, este colleu a botella e unha copa para el e sentouse a carón dos contertuluios os que xa se unira algún veciño máis.
- ¿Qué? ¿escomenzas a parolada ou que?
Espetou alguén. Non che tiña moitas gañas de contalo, non entendía o interese por aquel conto, dubidaba de que tal como llo contara o defunto do seu pai fose certo. Xines pareceu adiviñar o que pensaba.
- Mira rapas, ti es o único que sabe ben esa historia, por que es o primeiro e o derradeiro o que llo contou teu pai, que en paz descanse.
Soou un finxido e xeral amen.
- así que cóntao dun raio de vez.
Suspirou, que faría el para merecer aquelo, polo menos esperaba que lle pagaran as súas copas, como non tiña mais remedio escoemenzou a súa historia ca absoluta atención de todos

O vindeiro

Quizais non fixera ben ó gastar as dez pesetas para ver aquela película,pero a verdade era que alí arriba de todo no galiñeiro do Cervantes,sentíase poderoso, ou polo menos máis alto do normal.
O sair do cine comezou a doerlle o xeonllo esquerdo-.Hai cambio de tempo.- Sentenciou. Aínda tiña os ollos bagoosos pero non deixou saír ningún salaio. Gustaríalle poder cantar aquela canción “ Pisa morena, pisa con garbo...” Comezaba a creer que aqueles dous pesos foran ben investidos.
Persignouse cadenciosamente ó pasar polo convento de Vista Alegre, e adicouse a pensar que farían as monxas alí pechas. Alguén que pasaba nunha bicicleta, saudou erguendo o brazo. Pareceulle Carlos, o fillo de Lucho, pero non devolveu o saúdo. Tíñache ben poucas ganas, só dixo para si. “ Que ben vive ese carallo e eu aquí fodido”. Si. Xoán estaba ben fodido, tiña mal o xeonllo, o pulmón, a columna, a... Ben, atopábase feito un noxo, e a culpa era da mina. Pasou moito tempo ala en Sanfíns a extraer o estaño, e ata quedou sepultado. Ninguén mirara pola súa saúde. Daquela, cando o sacaron de entre os escombros e cascallos, os amigos mofábanse del por que cada vez que esbirraba, o seu oído esquerdo pitaba coma o asubío do sereno. El gabacheaba de que se tapaba o nariz e mailo boca podía respirar pola orella, pero a xente non lle facía caso. Agora non oe nada por ese oído, pero el pensa que non lle fai moita falla: para o que hai que oír.
Pouco a pouco, sen decatarse, chegou a Fontecarmoa. Pasando entre murallas lembrou o que os vellos dicían-Fontecarmoa dende lonxe parece vila, ten un choqueiro na entrada e unha farsa na saída. Nunca comprendeu aquel dito que tanto tiña oído na matanza do porco alá polo San Martiño.
De súpeto pegáronlle unhas ganas enormes de mexar, e alí, contra un valo, comezou a vaciarse. Pasou por alí o párroco e botoulle unha burla. El respostou cunha gargallada. Feita a súa necesidade, continuou camiñando. Caíalle ben o señor cura, non podía decir o mesmo de moita xente da aldea. Odiaba os novas, os sopícaros, os petos, os caxaravillas, os vechos, os cheirolas, os...non, os Rasilla non, que eles son os donos de case toda a parroquia e ademais tenlles levado moitas veces a vaca a braña que hai tras da súa casa, na de María Culler. O señor Rasilla sempre pensou que aquel era un bo sitio para facer un campo de fútbol, e ¿quen sabe?, ó mellor co tempo... Pero el non era quen de odiar a ninguén, noso pai xa deixou escrito que nos amaramos todos.
Santigüouse ó pasar a beira da igrexa, e o mesmo fixo fronte ó cruceiro; alí, prendeulle lume a un pito e fumouno ata ven subida a costa. O pouco comezou a amorriñar, el botou unha maldición contra o tempo e maila nai que o fixo que non ten culpa. Afondou a testa no colo do seu abrigo e comezou a correr salpicando a herba co incipiente fango. Ninguén o volveu ver, e ninguén se preocupou por que tivera desaparecido, a fin de contas, so era un vindeiro

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres