Blogia

Nun mundo de Paxaradas

Contos de taberna 5

O RETRETE ASASINO (OU ESCREPCION FATAL)

 

 

Era un xelido dia de nadal.Nunha cafeteria (omito o nome por non facer publicidade) atópabase Raimundo Estévez cossus, de profesión contable e residente na rua do Vilar en Santiago, tomando o seu cafelito matutino; de supeto lembrou que non escretara ó sair da casa, os seus ollos encendéronse; non podia ir na oficina, se queria o aumento de soldo tiña que deixar ofigado derriva da mesa.

   Correu cara o retrete do establecemento, ó entrar foi invadido por un abafante cheiro a revoltos seguido dun son que identificou como o ruido das vellas cañerías de chumbo. Baixou os seu pantalón de Adolfo Domínguez e sentouse na taza ( perdoade xa fixen propaganda) para erguerse como unha chispa para a mesma velocidade  retirar os calzons, de novo co cu no retrete comenzou a sua escrección (acompañada polo que oin dunha suave micción) ; cando xa remataba sinteu que algo turraba del cara a baixo , el turrou para arriva con todas as suas forzas e non lograba safarse do co suxeitaba, agarraosue da cadea e a auga fixo que se poidese ceivar do seu perigoso enemigo ,pero tal era a forza que puso no seu empeño que non puido evitar bater contra da porta e caer o chan ca testa fendida,o brazo meteuno xusto no vurato do vater, que sen piedade cerrouse de riva de si mesmo arrincandolle o brazo o sufrido ellector.

   O sangue cubría as paredes,a taza saltou sobor dun pé do desgraciado, Estévez que para librarse do asesino turrou de nobo da cadea , o vater soltouno o tempo que emitía un láio de door. O sangue cubria as paredes, a taza e o corpo do oficinista; o retrete comenzou a cuspir aquela auga que lle facia tanto dano, algunha caeu sobor do bandullo do señor cossus, e resultou ca auga non era tal , era acido e comenzou a abrir un enorme boquete naquel orondo fulano, boquete polo cal sairon as tripas. O retrete case recuperado, comenzou de nobo a chuchar o pe de Raimundo , este ultimo suxeitando as tripas ca sua man turrou da cañería sabendo que xa non tiña posibilidade de se salvar; e o acido comenzou a brotar dela e coemenzou a desfacer tamen os dous ribais.

   Cando Andoni Odol Ahula (viaxante e residente en Alsasua) foi mexar, non atopou o retrete, ali so habia unha mestura de sangue,visceras, sesos e louza; asi que o unico que fixo foi vomitar, por que aquel home non estaba afeito a aquelas sangrias.

  

¿Gustouvos o conto?

 

-. Non nos hiva a gustar, mañan xa yo conto a muller para que yo conte os rapaces antes de ir durmir.

Inda que nadie o queria recoñecer a historia si que daba un pouco de medo, e mais a inda que medo noxo, algun dos que tiñan pensado visitar o escusado prefiriron aguantar un anaco máis. Xa poucos quedaban por contar algun conto, pero todos se animaran a facelo, Antonio fixo calar a todos, dispuxo unha rolda gratis, apagou algunha luz e empezou a falar amodiño, o naris vermello daballe un ton estrano na penumbra na que se atopaba.- Escoitademe carallo, escoitademe que vouvos contar  un conto de medo dos de verdade, non maricalladas, ides esterreciros de medo.- Alguen rieu e el fitouno coa cara que lle puña os morosos, o atrevido calou de contado.

Contos de taberna 4

Levado de ñapa

 

Lembro aquelo todo, cada intre repítese dentro de min. As campás que marcan os pasos dos cadaleitos marcan tamén a miña culpa, o mesmo cos saloucos dos alí presentes. Pensas e voltas a pensar e se cadra non o tiñan merecido; aquel fulano estaba moi fodido.

  Era cedo e o orballo entrábame polo lombo deica os ósos. Vino entrar na casa, cunha bolsa apertada contra as súas costas, lixeiro coma un gato. Pensei <<Monte de merda>> e carguei a arma. Subín os escalóns correndo o sangue axitábaseme. Deixei a porta acesa dunha patada, e alí estaba cos olllos húmidos e abertos, sen entender rem, sacando da bolsa os restos de comida que recolleu no lixo. Un neno pequeño choraba no colo dunha muller, a sua dona e o sue fillo a bon seguro. Non houbo tempo para verva algunha. Tres tiros, coma sempre, dous no peito e o último na testa. Para min o home caeu a cámara lenta, a sua dona apertouse a el, emporcándose no sangue espallado polo chan. <<Nada de testemuñas Largo>>; Valeirei o cargador na muller e o catibo. Este, inocente non comprendeu nada, morreu limpo. Agora mentres tres campas cobren eses corpos, que cecais todos esquezan, inda non sei por que o fixen, pero esas rochas que cobren os cadaleitos pesan sobre min, e eu non quero ser eterno, non quero ter sempre esta dor. Ogallá que neve logo, gustame o sorriso dos nenos xogando.

 

-                           Carallo caramuxo, onde oiches ese conto. – como non reciveu resposta o Irlandes insiteu – ¿ouchis o? Onde escoitaches ese conto-

-                           Que non é un conto carallo que mo dixo un primo segundo da miña muller que lle pasara o seu curman-

Algun botou unha gargallada, o conto fora serio, incluso algun botou unha bagoa pero do caramuxo reianse polo que fora. -Se e por contos de medo eu sei un que me contaron cando estaba na facultade en Santiago- bardallou o Señor miguel, pero igual non vos gosta.-

-                           A nos gostanos todo mestre, conte,conte- O mestro puxose serio – Estades seguros, non e un relato nada agradable- Algun rieuse, outro apurou o chato e o que quedaba  fitouno sen decir nada, pero o Antón faloulle – Veña home, que non somos nada mixiricas- o caramuxo cuspindo media copa sobre os demais tamen quiso animalo – Si vira vostede o que eu vi, si vos virades o que eu vin por esas terras apartadas dos cristians-

Si, si caramuxo, o que ti dijas, pero deixa co mestre conte a historia- Miguel arranxou o no da sua garabata e de nobo e por ultima vez , como nas estacions de trens, deu un aviso. – advirtovos que non e agradable pero ben, ala vou.

Contos de taberna 3

SALOUCOS

 

 

Dende onde se atopaba podía ver toda a habitación, era un cuarto pequeno pero con moita luz e eso facíalle sentir mais vivo. Era paradoxico toda a súa vida tivo medo de estar so e toda ela estivo so, non tiña mal carácter pero de ben seguro non era unha persoa agradable; ¿o por que? Quen sabe, quizais polo mero feito de ser coma era, feo e pouco sociable. Téñenlle gustado moitas mozas pero ningunha atopou nel nada, o mais normal e co rexeitaran ríndose del ou se non era rexeitado o remate a relación era por mero interese,pouco tiña que dicir  das súas dúas únicas relacións, el tiña a alma desfeita,  ¿que era o que lle deparaba o mundo agora? ,¿que seria o que faría?, a el gustáballe aquela rapaza, non sabía como pero ela decatouse, e o remate todo acabou coma sempre para el, pero non era un final sen principio máis, xa non tiña gañas de seguir adiante, mirouse o espello e apercibiu que endexamais seria nada. Chorou para si , non quería cos veciños o oirán por aquelas paredes de merda que deixaban pasar todos os ruídos que se facían nos outros pisos. Sentouse na esquina daquela habitación e non se moveu dalo en horas, torturando a súa memoria e os seus sentimentos; de súpeto reparou en que alí, a carón da televisión, un home un pouco gordiño mirábao sen  dicir nada, fitáronse durante un tempo coma espreitándose os rasgos, ata co estraño ergueuse do chan onde sentarase para meirande comodidade e saíu cara a cociña.

  Elías tardou un chisco en reaccionar e logo batendo a cachola e frotando  os ollos seguiuno.O home estaba preparando un bocadillo cun pouco de chourizo e cando notou a presencia do outro desolle:

-   Mira rapaz non tes que chorar, ¿qué perdiches?

De novo frotou os ollos que era aquel vello que estaba alí, como merda chegou a entrar no piso, non tiña nin unha xanela aberta, e a porta estaba atrancada por dentro; quixo preguntarlle pero so soupo respostar a pregunta que lle fixeran.

-   A vida.

-   ¿A vida? Pero se case non a coñeces, ¿qué podias pedir zoupón?

Pensouno ¿qué podía ter pedido? Sen poder evitalo deixou saír un salouco que morreu pouco mais lonxe dos seus beizos, ¿  que podía ter pedido?, pensou a resposta un chisco, para el foron séculos pero en realidade eran meros segundos; podería pedir un pouco de ledicia, pero el soia quería que alguén o quixera como el acostumaba  querer, co corazón.Pero non respostou, fixo el unha nova pregunta.

-   ¿Por que non podo ser feliz?, ¿por que ninguén me quere?

As bagoas esvaraban pola súa faciana sen deixalo case falar.

-   Chámome Valentín- Dixo o vello. – e dende logo es unha mancha moi gorda no meu expediente, pero non perdas a esperanza algún día aparecera alguén que....

-   ¡ E unha merda! Levo oíndo eso toda unha vida, e non pido tanto coño, soia pido un pouco de cariño e que alguén espere por min e que me bote en falla e que me dea un bico sincero, pero Xa Sei que e moito pedir.

O estraño pareceu desconcertado,que pasaba,como se lle fora das mans aquelo que el cría dominado.

-   Non che entendo.

Foi o único que soupo dicir, por primeira vez na súa existencia non soubo que respostar, o rapaz riu amargamente, o seu corazón e a súa mente atopábanse a punto de estourar.

-   ¿non me entende? Entón vostede nunca estibo no meu caso, quixen a unha moza durante moito tempo ¿sabe? E de súpeto decátome que ela non me quería a min . foi moito tempo de cariño non correspondido, no que sentías que algo faltaba, e logo cando todo estoupa, decátaste de que es a ultima merda do mundo, pero tentas pensar que non pasou nada, e voltas a querer con mallor cariño que antes, e decataste que canto mais cariño lle das mais se ri de ti.

Fixo unha pausa que deu un aire mais dramatico a sua narración, choraba con tristeza abrindo o seu corazon a un estraño.

-   se soio fora rirse, pero ben; un tenta seguir, pero decataste de que nunca lle gustas a ninguen e que soio oies a mesma resposta, mira non sei, non me atraes ou mira se non fora por.... nunca teño o cas persoas que eu quero desexan.

O Valentin frunceu o fronte e suspirou preocupado.¿Que facer? Era un caso ben complicado, ¿como facer que ese rapaz sentira de novo gañas de querer despois de sentirse rechazado sistematicamente por toda aquela rapaza que el quixo?.

-   faime un fabor, recita o que sintes, por fabor.

O mozo mirouno con certo noxo.

-   ¿que faga un poema co que sinto?

-   Si por fabor

Atallou o bello

-   Ti estas tolo

-   Por fabor, non creo que sexa tan dificil.

Aquelas palabras tiñan sobre de Elias un estrano poder, non supo negarse.Pechou os ollos e escomenzou a recitar entre saloucos.

-   perdida esta a esperanza, perdida e lonxana xa, a esperanza dalgun dia na vida ser amado, ela foi o faro que alumbrou o camiño por esta mar enbrabescida de orgullo e desengano, pero tras curta travesia o barco do corazon rachou contra os cons da riveira cando a sua luz desapareceu. ¿Para que vivir si o amor non quere camiñar xamais o meu caron?, para que seguir pensando se os pensamentos non teñen razon.

Morre a ialma de door e non atopa fin para un sufrimento de anos. ¿Tan monstruoso son?

¿tan tosco? Por que se me nega o que mais ansio sempre..... morrer e quizais o unico camiño, pero a covardia e maior que calquer outro sentimento.

Interrumpeuse, as vagoas enchian a sua cara e non o deixaban falar, saloucos e mais saloucos saian do mais profundo dos seus sentimentos, calou por fin e ergeu a fronte con serenidade.

-   ¿Topaste mellor? Preguntou o estrano

non obtibo resposta, o mozo atopara as suas, non era nada, non tiña nada, nen guapo nen forte nen listo nen agradable, nen... nada, calado e cun sorriso frio nos beizos alonxouse do home, arrastraba os pes con cada paso que daba e undia a cachola dentro de corpo...

-   ¿oichesme?

Insisteu o bello. El detibose e faloulle con frialdade.

-   Ela ten medo a namorarse de nobo, ten medo a que lle fagan dano de nobo, respetoo, ademais eu non son nadie nen nada e nada podo ofrecerlle, vaite xa,cumpliches a tua mision santo.

Valentin ergueuse no aire e desapareceu mentres Elias entraba na avitacion de novo recitando unha e outra vez, non son nada, non podo ser nada nada terei xamais.

Cando o atoparon os veciños parecia ca ialma se lle fora do corpo, o seu aspecto era vagamente humano.alguen o ergeu e unha voz dendo o lonxe sentenciou a seu final

-   Esta tolo nunca tibo porvenir,e rematou tolo.

E verdadeiramente estaba tolo por que non tibo nunca porbir e por que lle estoupou o corazon entre saloucos  por non sentir  a maravillosa dor do amor.

 

 

Cando Xines rematou non tiña apenas ouintes, alguns emepezaran a sua partida e outros liscaran o retrete onde se formara unha pequena e improvisada cola; O caramuxo mentres esperaba na cola escomenzou a cantar unha cancion que aprenndera en Portopastran, onde el aprendera a navegar antes de  marchares para os caladoiros de africa onde se xuvilou, logo calouse, cousa que todos agradeceron, para pegar logo un gran berro.

         -Eu tamen sei unha historia

alguns reironse, poucos creian capaz a aquel home de artellar unha historia

-                                       A ver home contaa

Sinteuse apollado polos demais que so facian mofa del

-                                       ¿de que trata a tua historia caramuxo?todos o escoitaban

-                                       Dun asasino

            Todos calaron a boca,algun afogou unha risotada que tiña programada e que xa non viña a conto, e calados esperaron a que contase a sua historia, cousa que se demorou un anaco hasta que se deu conta de que os demais estaban a espera de que empezase a falar

 

Contos de taberna 2

O Vindeiro

Quizais non fixera ben ó gastar as dez pesetas para ver aquela película,pero a verdade era que alí arriba de todo no galiñeiro do Cervantes,sentíase poderoso, ou polo menos máis alto do normal.

O saír do cine comezou a doerlle o xeonllo esquerdo-.Hai cambio de tempo.- Sentenciou. Aínda tiña os ollos bagoosos pero non deixou saír ningún salaio. Gustaríalle poder cantar aquela canción “ Pisa morena, pisa con garbo...” Comezaba a creer que aqueles dous pesos foran ben investidos.

Persignouse cadenciosamente ó pasar polo convento de Vista Alegre, e adicouse a pensar que farían as monxas alí pechas. Alguén que pasaba nunha bicicleta, saudou erguendo o brazo. Pareceulle Carlos, o fillo de Lucho, pero non devolveu o saúdo. Tíñache ben poucas ganas, só dixo para si. “Que ben vive ese carallo e eu aquí fodido”. Si. Xoán estaba ben fodido, tiña mal o xeonllo, o pulmón, a columna, a... Ben, atopábase feito un noxo, e a culpa era da mina. Pasou moito tempo ala en Sanfíns a extraer o estaño, e ata quedou sepultado. Ninguén mirara pola súa saúde. Daquela, cando o sacaron de entre os escombros e cascallos, os amigos mofábanse del por que cada vez que esbirraba, o seu oído esquerdo pitaba coma o asubío do sereno. El gabacheaba de que se tapaba o nariz e mailo boca podía respirar pola orella, pero a xente non lle facía caso. Agora non oe nada por ese oído, pero el pensa que non lle fai moita falla: para o que hai que oír.

Pouco a pouco, sen decatarse, chegou a Fontecarmoa. Pasando entre murallas lembrou o que os vellos dicían -Fontecarmoa dende lonxe parece vila, ten un choqueiro na entrada e unha farsa na saída. Nunca comprendeu aquel dito que tanto tiña oído na matanza do porco alá polo San Martiño.

De súpeto pegáronlle unhas ganas enormes de mexar, e alí, contra un valo, comezou a vaciarse. Pasou por alí o párroco e botoulle unha burla. El respostou cunha gargallada. Feita a súa necesidade, continuou camiñando. Caíalle ben o señor cura, non podía decir o mesmo de moita xente da aldea. Odiaba os novas, os Sopícaros, os Petos, os Caxaravillas, os Vechos, os Cheirolas, os...non, os Rasilla non, que eles son os donos de case toda a parroquia e ademais tenlles levado moitas veces a vaca a braña que hai tras da súa casa, na de María Culler. O señor Rasilla sempre pensou que aquel era un bo sitio para facer un campo de fútbol, e ¿quen sabe?, ó mellor co tempo... Pero el non era quen de odiar a ninguén, noso pai xa deixou escrito que nos amaramos todos.

Santiguouse ó pasar a beira da igrexa, e o mesmo fixo fronte ó cruceiro; alí, prendeulle lume a un pito e fumouno ata ven subida a costa. O pouco comezou a amorriñar, el botou unha maldición contra o tempo e maila nai que o fixo que non ten culpa. Afondou a testa no colo do seu abrigo e comezou a correr salpicando a herba co incipiente fango. Ninguén o volveu ver, e ninguén se preocupou por que tivera desaparecido, a fin de contas, so era un vindeiro

Cando Rematou a parolada, todos sentíanse algo culpables e non sabían moi ben por que. Algún inda co ocultara cun lixeiro touisido deixou liscar un salouco, alguén fixo o comentario e todos o negaron, o Xines riuse e dixo que coñecía algunha historia sobre o tema, o Pandurillo para vingarse animouno a contalo pero como sempre o señor Luís meteuse no medio.

- Que vai saber este, que vai saber, se non foi nada o colexio

O outro vello sentoulle mal o comentario do seu amigo, mirouno de esguello e contestou.

- tiven esa desgracia , pero outros con ir máis saben menos ca min

houbo unha gargallada xeral, ata o aludido se riu e botoulle a man polo lombo o seu amigo que cuspiu, botou un grolo de súa cunca de pais e comezou co seu conto, non sen antes advertirlle os presentes que aquela historia lla contara un cura que se casara cunha comadroa de Vilatanxibre,unha vez que fíxoa aclaración comezou a falar.

Contos de taberna ( o inicio)

Pois o certo é que outras cousas lebanme o tempo que teria que ter para esta paxina...puf...sego ca historia de asubrealista vida de este home...pero dun xeito máis repousado, o traballo e a tira de Paxaradas, non me deixan tempo para máis, de todos xeitos quero actualizar máis a miudo. Empezarei de cero con contos de taberna...irei poñendoa eiqui pouco a pouco xa que ese si esta rematado :)Non esquezades postear para saber se ten exito. imos ala :

 

 

CONTOS DE TABERNA

 

A neve cubría os campos de Donante incomunicándoa con outras aldeas; cousa que a ninguén lle importaba un carallo, se fai frío escorregase, acostumaban a dicir; e que mellor sitio para facelo ca taberna. Alí dirixíase Manolo << O Panduriño>>,chamábanlle así por lle facer mofa, que segundo el mesmo dicía, nunca comía pan do día por que se lle pegaba os dentes e igual lle caian o lavalos, ou podía afogar, con el ía <<O Irlandés>> que rompeu o silencio.

-                           oes, ¿sabes que vou ter un fillo?

-                           Home pois alégrome

De novo calaron e de novo non foi Manolo o primeiro en falar.

-Pois eu non tanto, si o tivese a miña muller seria mellor.

Tremendo do frío avanzaban a duras penas polo branco manto, chegando o seu destino cando pensaban que se lles conxelaban os pes, bateron a porta do antro  deixando co cargado e quente aire do interior penetrara polos seus poros .

O local era pequeno, con xamóns no teito berquendo a súa grasoada, piso de pedra con moitos saíntes, unha longa barra e catro mesas; atendía alí como lexitimo dono Antón, un home de pouco comer, moito beber e máis parolar.

-¿Qué vos poño Manolo?

Preguntou os recen cegados con moito animo.

-                           ¿pero que vai ser alma cándida?, ¿qué vai ser?

O taberneiro colleu dúas copas e con certa torpeza, adquirida cos anos, serveulles sansón. Un vello chamou por Manolo.

-   Ti rapas, ben paca- desolle- Cóntalle o fendemillos do Xines o conto do venideiro. Manolo pensou un chisco e tomou un pequeno sorbo da súa bebida.

-   Non señor Luís, non llo conto.

O vello sentiuse ofendido,xuntou as cellas e montou un beizo por riba do outro

-                           Que non o conto poña como se poña, que non sei contalo

O ancián inda parecía máis encarrabuxado.

-                           Pois a si che salja un callo na punta do...

-                           Luís, home

Interrompeuno o seu amigo

-                           Que pasa, ía dicir do naris

-                           E eu son Jalloso, non che toca o nabo.

-                           Agora disechelo ti

O taberneiro divertíase escoitando a berra dos vellos, pero Manolo non a aturaba, o irlandés liscara a mexar e parecíalle que lle ía estourar a cachola

-                           Pois ben contareina, pero os demais tamén teñen que contar algunha.

Todos asentiron, Señor Luís e o Xines prestaban atención como se foran dous nenos a punto de escoitar un conto de fadas. Manolo apurou o Sansón e físolle un aceno a Antón para ca enchera de novo, este colleu a botella e unha copa para el e sentouse a carón dos contertuluios os que xa se unira algún veciño máis.

-                           ¿Qué? ¿escomenzas a parolada ou que?

Espetou alguén. Non che tiña moitas gañas de contalo, non entendía o interese por aquel conto, dubidaba de que tal como llo contara o defunto do seu pai fose certo. Xines pareceu adiviñar o que pensaba.

-                           Mira rapas, ti es o único que sabe ben esa historia, por que es o primeiro e o derradeiro o que llo contou teu pai, que en paz descanse.

Soou un finxido e xeral amen.

-                           así que cóntao dun raio de vez.

Suspirou, que faría el para merecer aquelo, polo menos esperaba que lle pagaran as súas copas, como non tiña mais remedio comezou a súa historia ca absoluta atención de todos.... (A seguir de aqui a pouco)

 

A SUBREALISTA VIDA DE ESTE HOME (3)

Ser mediocre en todo require dunha gran precisión,non se pode destacar en nada; Súa plumaxe era mediocre, súa danza de apareamento tamén, e todo o que o rodeaba era sempre superior ou inferior a el, pero non se sentía frustrado,non era consciente da súa mediocridade e por iso podía desprazala con certa facilidade, o seu cerebro e as súas capacidades cognitivas tamén eran mediocres, inda así pensou que unha invasión presidida polo rei podía ser un verdadeiro caos. Non falto de razón decidiu deixar o tema e preparar a súa viaxe, polo pouco que sabia a terra era un lugar con moita auga...precisaría o seu flotador.

Alexandre, Selkirk para os seus amigos, érache un chisco raro, non che era mal home, pero gustáballe moito montar follóns.Aquela noite a súa moza deixara a relación así que cando saíu de borracheira e aquelas mozas apertáronse a el ofrecéndolle sexo,so soubo respostar:

- E é seguro?-

Seguiunas ata un alboio alongado, e cando se decatou topábase nun foxo rodeado de xente sentada en gradas. As mozas botáronlle unha canela de bambú

-Para que loites- dixo a rubia ( ou eso e o que lembrou o cabo do tempo) .

Por unha cancela de ferro entrou un fulana meirande ca el en altura, forza e armamento

-Réndete- dixo Alexandre.

O fulano deixou que remataran os risos e díxolle – E se non me sae de...- non chegou a rematar a frase, levou ca vara nas súas partes nobres e logo na caluga, a petición de Selkirk non fora unha declaración de intencións, fora unha intención en si, a de falo pouco e bato moito. Golpeou a porta e entre os berros da xente e os laios do seu opoñente apertouse as mozas _que ai desa noite de sexo?-

Non sei moi ben como lle foi o conto, e el tampouco, rematou durmindo nunha rúa cega a carón dun fulano moi raro e doutro máis normal pero que fedía.

Cando Daniel acordou, e veu a cascuda o seu carón, ceibou un laio, o insecto abriu os ollos,mirou para Daniel logo para o outro compañeiro de soños e fíxolle un aceno o home que se topaba en pe para que non berrase.

-Enténdesme?- a cascuda asentiu.

- Falas?- A cascuda falou...Ben, máis ben emitiu unha serie de sons que, se fosen un chisco bastante máis coordinados, terían parecido con algún xeito de linguaxe hoxe extinto.

En pouco tempo empezou a falarlle máis tranquilo e ensinoulle a falar ( O certo é que a cascuda aprendeu por si sola, pero co tempo Daniel sempre se gabou de ter sido el quen lle ensinara) fíxolle saber o becho que se chamaba Xoves, pois ese era o día da semana no que se toparon, o por o menos o que pensou o home por que certamente era Venres, inda así, chamouno dese xeito para lembrar ese intre. Tamén lle ensinou a verba amo e indicoulle que ese era o seu nome...pero so conqueríu có ortóptero lle chamase mamón.

A SUBREALISTA VIDA DE ESTE HOME (2)

Todo o mundo coñece a facilidade de adaptación das cascudas, o que ignora a meirande parte do planeta é que as cascudas cústalle moito asimilar o concepto de psicomotricidade, e a verticalidade suponlles un problema moi gordo.Cando se ten un corpo pequeno e un cerebro tamén miúdo e afeito o dito corpo, a información acostumaba a chegar cedo o seu destino, o problema aparece cando uns miolos pequechos teñen que mandar información a un corpo grande, primeiro a información chega a onde debería estar o dito membro, logo como non o atopa no seu sitio, andara a buscalo por todos os recunchos, e para cando a atope, a extremidade en cuestión xa decidira emprender accións pola súa conta.
Con certa aparatosidade conqueríu erguerse e adaptou á súa velocidade mental o seu novo corpo, o cerebro entón decidiu mandar un Fax informando de que era a hora de deitarse así que se deitou.
A casa de Daniel o de Foz decidira ir na procura dun lugar mellor, ou polo menos eso pensaba el. Lembraba que ó día seguinte o dor de cabeza sería dos bos, pero, por outra banda, non lembraría nadiña desa noite.
Adentrouse nun calexa estreito húmida e escura, camiñou uns cantos pasos e deitouse a veira dun fulano que parecía ter peor pinta que el, remexeuse para a dereita, remexeuse para esquerda, cuspiu...e quedou durmido.

-Así que o inquilino e desaloxado tras nove meses...?-
-Exacto-
-...É logo alimentase de leite que recibe dunhas protuberancias mamarias que ten a aloxadora, coma un vulgar mamífero?-
- É que...basicamente, é o que son-
A moita xente a terra parécelle un mundo complicado, así que para alguén que vive na Galaxia 0 (algo así como o meridiano de Greenwihc sideral, a terra é a galaxia nº A-60195278/n/i/f. A man dereita ) a complexidade da terra parécelle infinita.

- Entendo entón por que a Xoán Martín de Castro non quere responsabilizarse do inquilino que leva dentro Marta María Isabel (A triste ).-
Os Chupruzos son seres que lixeiramente lembran a un paxaro, máis que nada por que seu corpo é o dun paxaro e a súa testa a dunha persoa, Xarelo tiña unhas plumas de cor branco, como correspondia o seu cargo de xefe de todos os imperios...e o seu subordinado tiñas de cor marrón Conquerir ás prénsiles foi unha laboura evolutiva moi refinada, o se humano tende a pensar que é a evolución dun primate, e non fai máis que falar de elo, eso é por que realmente nunca se deu esa evolución, un mico dixo un bo día: - Pois eu non quero andar como meu pai- e púxose dereito, co tempo unha loita xeracional foi trabucada ca evolución. Un ser de certo evolucionado como os Chupruzos é consciente desa evolución, e de todos os pasos que sigueu a súa especie para chegar a ser o que é , por eso prefiren non contarllo a ninguén, algúns estados anteriores rillan o absurdo e non é cuestión de repartir fabas podres. Xarelo ergueuse e mirando o ceo dixo:

-Ten pinta de ir chover hoxe, se arraia mañá imos ir invadir a terra.

A SUBREALISTA VIDA DE ESTE HOME (1)

A SUBREALISTA VIDA DE ESTE HOME

O ser asiduo a locais “de mala sona” nunca fixo dano algún na súa reputación de bo home.

O sol andábase apagando, era eso que chaman o lusco fusco, que o sol liscase a modiño non era máis que unha cuestión d xerarquía interestelar, se o sol non se fose...pois a lúa para que estaba. Entre todo aquelo, aquel bo home baixa asubiando por unha estreita rúa.

Se puidesemos contar a súa vida o rebes diriamos que morreu un atardecer de primavera, que rexuveneceu e decreceu con vitalidade para, o remate, tras ter nacido un chuvioso inverno, topar o fin no útero da súa nai; pero non podemos facelo, por que nin tan sequera sabemos como naceu...El si, el lembrase, como de outros moitas cousas e iso faino especial.

A cada paso que daba súa casa tiña traza de quedar máis lonxe, quizais niso tivese moito que ver o feito de que camiñara en dirección contraria, pero el seguía adiante co impulso do alcohol e a rexia convicción de que todos os camiños levan a Roma, o cal non deixaba de ser un contratempo posto ca súa casa non deixaba de quedar na dirección contraria.

Un basureiro recollía unha bolsas do lixo ó pe dun contedor e el fitouno...

- Como as cascudas -

- Dixo algo señor- Contestou o barrendeiro con un chisco de récelo.

- Non, nadiña...non digo nadiña...cousas miñas.- Mentres o seu bafo apropiábase do lugar no que antes estiveran as verbas.

- Como as cascudas – Botou unha gargallada. Imaxinaba o pobre home como unha cascuda xigante, se o soubese non lle tería parecido nada ben, a unha cascuda xigante tampouco...que era eso de ila comparando con calquera, pero a única cascuda de dimensións tales por alí cerca topábase moi ocupada pensando que diantres lle ocorría a súa diminuta estatura, o mundo encollera nun intre...demo de mundo.

Ledo cabo de ano

Pois eso que site é o primeiro cabo de ano da paxina....Que ilisión me fai...e pensar que nun intre case a dou por morta.....e xa ten un aniño...Grazas a quen me visita e visitou dende ese 24 de marzo do 2005, moitisimas grazas. sei que non sodes moitos e que pouco ou nada posteades...pero grazas de todos xeitos. A coidarse.

A caza

Chovía, ventaba e ía unha friaxe de moito nabo; a máis éranche as sete da mañá.

Quen lle mandaría a el ter saído de caza?

O certo é que,daba a pinta, de que por estar fora da casa facía o que fixera falla, e co gallo de liscar cos cans tiña a escusa perfecta, el pouco che sabia que a súa muller calquera escusa lle ía valer, a fin de contas érache xusto o que quería, canto máis lonxe estivese o seu home, máis tempo tería Xurxo o de Xuros para estar con ela.

O lonxe pareceulle ver a alguén, ergueu a man preguiceiro mentres se acochaba baixo uns penedos sen decatarse de que non tivo resposta. A xente falaba que alí, de cando en vez,podias topar unha meiga chuchona,se aparecese, pensaba el, pegaríalle un tiro ven dado en toda a faciana, carallo se llo pegaría.

Os cans, calados, pararon xunto o seu dono, Xocas fitounos e chamou por o que lle faltaba

- Marelo!...Marelo!...Merda de can.-

O non ter resposta do animal pensou que este fora máis listo que el mesmo e liscara xa para a casa.

O pouco escampou, inda así non desapareceu nel esa sensación que deixa a humidade no corpo.

Amarrou os animais ca correa e botou andar ca escopeta aberta, sinónimo de que xa daba por rematada a cacería. Topábase  a altura do carreiro que daba o pombal do monte, de cativo acorda ter ido alí co carro, pero agora estábache todo cheo de fento e toxo. Volveu chamar por Marelo, pero o can non contestou,despreocupouse del e continuou a camiñata e a unhas cuncas de onde estaba topouse co seu animal, ou máis ben co que quedaba del.

-Carallo, cando menos o buscas antes o atopas-

O animal estaba escarallado de todo, co pouco corpo que lle quedaba dado volta.

Xocas apertou o colo do seu abrigo,un aire frío e mesto subiulle polo lombo, o mesmo debeulles de pasar o Troi e máis o Sultán que puxeron os pelos crechos coma se fosen gatos.

Ollou o lonxe, a figura que vira topábase agora máis preto.

Cargou a súa escopeta e agarrou en corto os cans.

- Merda que me fixo...Un Lobishome – dixo para si.

Continuou avanzando ca certeza de aquel ser seguiríao ata rematar ca súa vida, pero non che ía ser dese xeito, por o carallo a riba, que diría el mesmo.

O chegar ó regato dos Fúranchos, que separa o monte dunha eira comunal, púxose a mirar as liñas que puxera para as anguías, xa que non che tiña caza polo menos ter algo de pesca.

Agachouse na presa e levantou unha, non lle tiña nada. De súpeto sentiu un aire quente na súa caluga, moi a modo votou a man ao arma , a humidade e os nervios facíano tremer un chisco, pero, ca rapidez propia dun cazador coma el, virouse a apresou os dous gatillos un tempo, os perdigóns perdéronse no aire; fose o que fose o que tivera estado as súas costas desaparecera... O Troi e máis o Sultán tamén.

Introduzo outro par de cartuchos nos mouros buratos e botouse o monte outra vez.

- Me cagho no mundo. O Marelo pase que era un chaiñas...Pero o Troi e o Sultán non, Micagho no mundo.-

A poucos metros topou as súas mascotas, estábanlle ben, soltaranse soias da arbore a que as amarrara.

Os tres estábanche ledos por terse topado , pero o pouco o animais meteron o rabo entre as pernas e arrecuaron. Fronte o home ergueuse unha besta con faciana de lobo e un corpo peludo e animal que en ben pouco lembraba o cristián que tivera sido.

Do seu peteiro saia unha mestura de cuspe e sangue.

A reacción foi inmediata e fixo fuxir a tódolos animais dos arredores.

No chan quedou un corpo sen vida sangrando sen parar .

Xocas abriu a súa escopeta e mirou para a presa, e namentres liscaba deixándoa alí dixo con certo desprezo:

- Vaia unha merda de monte, non che ai nadiña que cazar, claro meten esa merda de especies de fora....e comen as poucas que xa quedaban da terra...Merda de lobishomes, teño a casa chea de pelexos deles, co que comen non deixan unha meiga chuchona nin que lles paguen e menos inda un coello...Co que me gusta a min o coello.

Comer é unha emerxencia

Comer é unha emerxencia

Un bombeiro marcha a coller unha pizza co camión e uns amigos ( de que a tomaría o camión)

Un bombeiro australiano das aforas de Sydney foi suspendido do servicio por utilizar un camión para ir a comer unhas pizzas, con tan mala sorte que mentres estaba nelo surdiu unha alerta urxente e os seus compañeiros de garda non tiñan en que ir ala para atender tamaña desfeita.
E que o que non pase neste mundo...agora sabemos que fai moitas veces o camión de Protección civil diante de telepizza ( É broma)...a fonte de esto e yahoo.com

Comencemos de nobo

A partir de agora comenzo de nobo...apenas tocarei máis nada que a seción de Paxaradas, mais que nada por falta de tempo...pero tratarei de actualizar semanalmente. Da a vida que case ninguen mira esto...por que si non...De todos xeitos Grazas a quen mire.

Unha pequena mostra de egocentrismo

Unha pequena mostra de egocentrismo

Por se vos gustan as aventuras gráficas vou poñer aquí o enlace a unha na que participei deseñando as personaxes e facendo as súas animacións,así mesmo poño tamén os enlaces das rutinas para que poidades xogar o mesmo. No xogo debedes usar a vosa intelixencia (sig) para axudar a Fernando Fernández a rescatar a unha moza ben feita ( como vedes destila orixinalidade) Recoméndovolo, non é unha marabilla pero ides pasar un bo intre.
Se non sodes quen de rematalo ( estráñame) podedes consultar a solución ( e outros moitos datos sobre o dito xogo ) en http://www.iespana.es/studiosdrakkar/
O enlace da descarga do Xogo o e seguinte: http://www.esmucho.net/softwaredescarga.asp?id=2011 este é o entorno “Xava” para poder facelo funcionar: http://usuarios.lycos.es/grupoadan/jre1_2_2-win.exe e este outro http://usuarios.lycos.es/grupoadan/jmf-2_1-win.exe e máis que nada para o son e os efectos sonoros. Pasádeo ben e disfrutalo

O contrario ó contrario

Boas Xefe merino:
Non che sei se penso correctamente,pero o que sei, é que atrevome a pensar; e estando eu por esos derroteiros do maxin ocurreuseme:
Anda, fixate...moitos antonimos ( ou contrarios) sonche incorrectos, por que o negro non é o contrario do branco, nin o branco do negro...Eu creo có contrario é a ausencia ( ou a negación ) dó contrariado. Por o tanto o contrario de branco ou
de calquiera outra cor por necesidade ten que ser a ausencia de cor, a auga é incolora, o aire tamen...o que non fai imposible iso, por o mesmo co contrario de ben non che é mal, xa que o mal é mal segundo o punto de vista de quen o vexa, moitos pintores le dirian a picaso que o guernica saliulle mal (non son quen de imaxinar a Caravagio loandoo) por a contra outros moitos dirian que esta moi ben, ¿cal sera enton o antonimo de bo? a ausencia total de bondade ou maldade...e segundo os sicologos ese estado existe e dase nos sicopatas....Enton por que entender como contrarios o bo do malo, o negro do branco etc...Creo que é por mor da nosa necesidade de xustificalo todo, de non atender os matices que poderiannos distraer do cotidian ou levar por unha corredoira non demasiado transitada ( moral ou eticamente falando, claro) Democrito dixo que todo eran atomos e valeiros ( máis ou menos) e hoxe sabese que non andaba tan desencamiñado.... Xa que todo esta formado por unas mismas micromilesimales partes e espacios recheos de "nada" e si todo se pode resumir a iso,o contrario dó "ocupado" sonche os espacios e os espacios son nada, por o tanto o contrario de todo é nada e o contrario de calqueira cousa ( que non esquezamos componse do mesmo có todo) é a ausencia total de esa cousa, por o tanto o contrario de amistade seria a falla de amistade e non enemistade que por si implica unha necesidade de relacción, podria esgrimirse cós sentimentos ou os actos non se conforman igual que calqueira cousa material, pero
indirectamente son froito das reacciones quimicas que se dan nun corpo material , o que de certo xeito ataas a iste.
Ben non che dou máis a lata, a cuidarse meu.

Mais carteis...

Mais carteis...

Este tamen é do meu amigo Ruben....Deixame sempre en evidencia, inda que niste caso o cartel que fixen eu gustoume máis, xa o vedes a vosa dereita

A competencia do probe Ruben

A competencia do probe Ruben

E quen vai ser esa competencia máis ca min, o mellor é que vós mesmos xulguedes e cismedes ben sobor de quen dos dosu merece ter esposto o cartel (Ruben non vale facer votoar a familia, nen curmans nin hirmans nen pais nen nada deso...Mozas tampouco)...Isto tenche traza de ser algo moi especial.... errr, xa se me foi o que ia poñer.. Deica outra meus.

O mara villoso mundo dos carteis

O  mara villoso mundo dos carteis

Coma vedes conquerin os carteis do meu bo amigo Ruben, cando este sexa famoso poderei vender copias das súas primeiras obras. Disfrutadeas primeiro esta a da anguía, máis arriba o da festa do mexillon, agora estamos a facer uns para o maltrato de xénero que cando sexa oportuno colgarei na rede ...Perdoade a mala calidade.

Paranoia especial sexi miña

Paranoia especial sexi miña

O certo é que todo neste mundo xira de redor de dúas cousas, o sexo e os cartos. Os cartos gusta telos pero...non dan pracer...E o sexo...o sexo gusta telo e da moito pracer, non é pois éstrano que ó noventa e nove por cento dos seres humanos nos guste o sexo...Agora ben, Coma ten que ser o sexo?
Pois si que estamos bos, o sexo ten que ser pracenteiro , tanto sexa un aquí píllote aquí mátote , como o que nos salga do nabo... Por que o certo é que non temos por que rachar a roupa por unha infidelidade ( un amigo di que os cornos doen o saír pero despois nin te decatas de que os lebas...el saberá &#61514;) a fin de toda conta cando eso pasa é por algún motivo....Ben....Xa non sei que máis poñer sobor do sexo...A min encántame e se algunha moza despistada (e fisicamente moi agraciada) esta disposta...xa sabe... A coidarse e a guichar que remata o mundo. (que mesto estou hoxe)Outro día algo interesante de certo que parece que inda non acordei.

O meu amijo Ruben

O meu amijo Ruben

O meu amijo Ruben remata de gañar o terceiro premio do cartel da festa da anguia e da caña do concello de Valga...Ó meu bo ver, ese cartel merecía un primeiro premio ( e o meu un segundo se puidera ser...) a ver si podo linkear o carteliño e védelo opinades ( que non opinades un carallo) e así faise xustiza. Polo de agora poño o meu que é moi sinxelo pero, ben, non me quedou mal. Aquí nesta sección veredes o que imos progresando no cursiño de deseño. O próximo que porei....co permiso de todos, as caricaturas que meu socio e máis eu fixemos dos compañeiros.

Pidenme que faga un comentario deixando eco da manifestación contra a permanencia de Ence en Lourizan..é como son moi obediente aquí o poño:
manifestación. Sábado 4 ás 20:30.
Praza da Ferrería.
Pontevedra. PASAO.
E eu o paso...O certo é que despois de ter traballado alí e ver como esta aquelo... E imaxinar como podería estar, síntome na obriga de axudar nesta campaña. Non estou contra Ence, nin contra os postos de traballo que representa a fabrica, pero considero co lugar que agora ocupa non che é o máis adecuado, cada un que saque a súas conclusións, pero Ence podería ser moito menos contaminante do que agora é, e podería trasladarse mantendo os postos de traballo por o que lle costa facer dúas paradas anuais para reparar todas as avarías..A coidarse e visitade http://www.encebuscasitio.com. Que se non o digo mátanme.
Antes de que me esqueza, a imaxen é da paxina Http://www.adegagaliza.org/varios/ence/ence.htm, moi interesante, en serio.