Se muestran los artículos pertenecientes al tema Cartas o xefe Merino.

10/04/2005

Realidade e percepción

esto non che e unha paisaxe.JPGBoas Xefe Merino:
Creo que foi Bergman quen dixo que todo é cambiante, e que por elo, é imposible captar a realidade. Eu creo que o que cambia é a nosa percepción desa realidade,si, estou de acordo que a natureza ten un forte compóñente metamórfico, pero tamén é certo que o termo “ realidade “ inclúe moito máis do que se pode amosar por medio fisiconaturais...A máis, unha pedra segue a ser unha pedra por moito que troque a nosa perspectiva dela, co paso do tempo pode cambiar a súa forma ( ou desaparecer) pero para a meirande parte de nós ese cambio non é perceptible, é a súa realidade é que segue sendo unha pedra.
O feito de que a realidade troque segundo sexa a nosa percepción dela non deixa de ser un problema...e un problema moi gordo ¿Por que? Pois por a sinxela razón de que a nosa percepción ( non son de opxetos e cousas se non tamén de ideas e feitos) e sinxela de manipular. A historia da nosa percepción (individual ou colectiva) esta chea de manipulacións, dende as máis “inocentes” (Todos nós deixamos enganar cando imos a un espectáculo de maxia) ata as máis agresivas ( a publicidade por exemplo) e a medida que o acceso a información aumenta, nosa “liberdade perceptiva” diminúe e vese máis ameazada, polo que podemos considerar os medios de comunicación como os meirandes “manipuladores” sensoriais.
A nosa visión das cousas tamén troca segundo sexan nosos propios intereses ( ou intereses alleos que nos fan ver coma nosos) Así, un aborixe da Amazónia, vería unha hectárea da xungla coma un lugar idóneo para a caza, a recolección e demais necesidades básicas; pero un empresario (occidental ou non, non nos equivoquemos) vería a mesma hectárea como un lugar ideal para obter futuros mobles de deseño ( entre outras moitas posibilidades).
Somos pois escravos da nosa percepción, e a nosa percepción o é dos nosos sensos, os cales, por desgracia, son sinxelos de enganar. ¿ Que conclusión saco de todo isto? Pois certamente non o sei, a liberdade humana depende dun factor moi variable como é a súa propia capacidade de discernir o que é real ou non, do que é natural. Polo cal o home canto máis se separe da súa condición “animal” máis fácil é que perda todo contacto ca “realidade” que ó rodea...Quizais debiamos de parar un chisco e replantarnos noso lugar neste mundo que nós tocou, o mellor deste xeito poderiamos captar a realidade é reflexala nuns actos adecuados...quen sabe..”maña” o veremos.
Ben non che dou máis a lata, a coidarse meu
10/04/2005 23:12 Enlace permanente. Tema: Cartas o xefe Merino No hay comentarios. Comentar.

24/03/2005

O contrario ó contrario

Boas Xefe merino:
Non che sei se penso correctamente,pero o que sei, é que atrevome a pensar; e estando eu por esos derroteiros do maxin ocurreuseme:
Anda, fixate...moitos antonimos ( ou contrarios) sonche incorrectos, por que o negro non é o contrario do branco, nin o branco do negro...Eu creo có contrario é a ausencia ( ou a negación ) dó contrariado. Por o tanto o contrario de branco ou
de calquiera outra cor por necesidade ten que ser a ausencia de cor, a auga é incolora, o aire tamen...o que non fai imposible iso, por o mesmo co contrario de ben non che é mal, xa que o mal é mal segundo o punto de vista de quen o vexa, moitos pintores le dirian a picaso que o guernica saliulle mal (non son quen de imaxinar a Caravagio loandoo) por a contra outros moitos dirian que esta moi ben, ¿cal sera enton o antonimo de bo? a ausencia total de bondade ou maldade...e segundo os sicologos ese estado existe e dase nos sicopatas....Enton por que entender como contrarios o bo do malo, o negro do branco etc...Creo que é por mor da nosa necesidade de xustificalo todo, de non atender os matices que poderiannos distraer do cotidian ou levar por unha corredoira non demasiado transitada ( moral ou eticamente falando, claro) Democrito dixo que todo eran atomos e valeiros ( máis ou menos) e hoxe sabese que non andaba tan desencamiñado.... Xa que todo esta formado por unas mismas micromilesimales partes e espacios recheos de "nada" e si todo se pode resumir a iso,o contrario dó "ocupado" sonche os espacios e os espacios son nada, por o tanto o contrario de todo é nada e o contrario de calqueira cousa ( que non esquezamos componse do mesmo có todo) é a ausencia total de esa cousa, por o tanto o contrario de amistade seria a falla de amistade e non enemistade que por si implica unha necesidade de relacción, podria esgrimirse cós sentimentos ou os actos non se conforman igual que calqueira cousa material, pero
indirectamente son froito das reacciones quimicas que se dan nun corpo material , o que de certo xeito ataas a iste.
Ben non che dou máis a lata, a cuidarse meu.
24/03/2005 16:18 Enlace permanente. Tema: Cartas o xefe Merino No hay comentarios. Comentar.




Nun mundo de Paxaradas

Olá ou boas meus, como prefirades, aqui idevos topar cun feixe de incongruencias e paxaradas varias...Asi que espero que as disfrutedes

Temas



Archivos

Enlaces

  • http://paxarada.blogspot.com
  • http://www.tvsptnagaliza.tk/
  • http://www.vieiros.com/index.php
  • http://culturagalega.org/
  • http://falcatruada.com/
  • http://puerquito.f2o.org/
  • http://ilustrando.com


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]