Blogia
Nun mundo de Paxaradas

Contos de taberna 4

Levado de ñapa

 

Lembro aquelo todo, cada intre repítese dentro de min. As campás que marcan os pasos dos cadaleitos marcan tamén a miña culpa, o mesmo cos saloucos dos alí presentes. Pensas e voltas a pensar e se cadra non o tiñan merecido; aquel fulano estaba moi fodido.

  Era cedo e o orballo entrábame polo lombo deica os ósos. Vino entrar na casa, cunha bolsa apertada contra as súas costas, lixeiro coma un gato. Pensei <<Monte de merda>> e carguei a arma. Subín os escalóns correndo o sangue axitábaseme. Deixei a porta acesa dunha patada, e alí estaba cos olllos húmidos e abertos, sen entender rem, sacando da bolsa os restos de comida que recolleu no lixo. Un neno pequeño choraba no colo dunha muller, a sua dona e o sue fillo a bon seguro. Non houbo tempo para verva algunha. Tres tiros, coma sempre, dous no peito e o último na testa. Para min o home caeu a cámara lenta, a sua dona apertouse a el, emporcándose no sangue espallado polo chan. <<Nada de testemuñas Largo>>; Valeirei o cargador na muller e o catibo. Este, inocente non comprendeu nada, morreu limpo. Agora mentres tres campas cobren eses corpos, que cecais todos esquezan, inda non sei por que o fixen, pero esas rochas que cobren os cadaleitos pesan sobre min, e eu non quero ser eterno, non quero ter sempre esta dor. Ogallá que neve logo, gustame o sorriso dos nenos xogando.

 

-                           Carallo caramuxo, onde oiches ese conto. – como non reciveu resposta o Irlandes insiteu – ¿ouchis o? Onde escoitaches ese conto-

-                           Que non é un conto carallo que mo dixo un primo segundo da miña muller que lle pasara o seu curman-

Algun botou unha gargallada, o conto fora serio, incluso algun botou unha bagoa pero do caramuxo reianse polo que fora. -Se e por contos de medo eu sei un que me contaron cando estaba na facultade en Santiago- bardallou o Señor miguel, pero igual non vos gosta.-

-                           A nos gostanos todo mestre, conte,conte- O mestro puxose serio – Estades seguros, non e un relato nada agradable- Algun rieuse, outro apurou o chato e o que quedaba  fitouno sen decir nada, pero o Antón faloulle – Veña home, que non somos nada mixiricas- o caramuxo cuspindo media copa sobre os demais tamen quiso animalo – Si vira vostede o que eu vi, si vos virades o que eu vin por esas terras apartadas dos cristians-

Si, si caramuxo, o que ti dijas, pero deixa co mestre conte a historia- Miguel arranxou o no da sua garabata e de nobo e por ultima vez , como nas estacions de trens, deu un aviso. – advirtovos que non e agradable pero ben, ala vou.

2 comentarios

An -

Pois que queres que che diga,,,é certo, alegrome de leerche por eiqui, logo ei voltar suvir algo ;)

Verbas ceibes -

Certamente a realidade da moito de sí, cantas veces che contan algo certo e pensas que é un conto.

Bicos.