Blogia
Nun mundo de Paxaradas

A SUBREALISTA VIDA DE ESTE HOME (2)

Todo o mundo coñece a facilidade de adaptación das cascudas, o que ignora a meirande parte do planeta é que as cascudas cústalle moito asimilar o concepto de psicomotricidade, e a verticalidade suponlles un problema moi gordo.Cando se ten un corpo pequeno e un cerebro tamén miúdo e afeito o dito corpo, a información acostumaba a chegar cedo o seu destino, o problema aparece cando uns miolos pequechos teñen que mandar información a un corpo grande, primeiro a información chega a onde debería estar o dito membro, logo como non o atopa no seu sitio, andara a buscalo por todos os recunchos, e para cando a atope, a extremidade en cuestión xa decidira emprender accións pola súa conta.
Con certa aparatosidade conqueríu erguerse e adaptou á súa velocidade mental o seu novo corpo, o cerebro entón decidiu mandar un Fax informando de que era a hora de deitarse así que se deitou.
A casa de Daniel o de Foz decidira ir na procura dun lugar mellor, ou polo menos eso pensaba el. Lembraba que ó día seguinte o dor de cabeza sería dos bos, pero, por outra banda, non lembraría nadiña desa noite.
Adentrouse nun calexa estreito húmida e escura, camiñou uns cantos pasos e deitouse a veira dun fulano que parecía ter peor pinta que el, remexeuse para a dereita, remexeuse para esquerda, cuspiu...e quedou durmido.

-Así que o inquilino e desaloxado tras nove meses...?-
-Exacto-
-...É logo alimentase de leite que recibe dunhas protuberancias mamarias que ten a aloxadora, coma un vulgar mamífero?-
- É que...basicamente, é o que son-
A moita xente a terra parécelle un mundo complicado, así que para alguén que vive na Galaxia 0 (algo así como o meridiano de Greenwihc sideral, a terra é a galaxia nº A-60195278/n/i/f. A man dereita ) a complexidade da terra parécelle infinita.

- Entendo entón por que a Xoán Martín de Castro non quere responsabilizarse do inquilino que leva dentro Marta María Isabel (A triste ).-
Os Chupruzos son seres que lixeiramente lembran a un paxaro, máis que nada por que seu corpo é o dun paxaro e a súa testa a dunha persoa, Xarelo tiña unhas plumas de cor branco, como correspondia o seu cargo de xefe de todos os imperios...e o seu subordinado tiñas de cor marrón Conquerir ás prénsiles foi unha laboura evolutiva moi refinada, o se humano tende a pensar que é a evolución dun primate, e non fai máis que falar de elo, eso é por que realmente nunca se deu esa evolución, un mico dixo un bo día: - Pois eu non quero andar como meu pai- e púxose dereito, co tempo unha loita xeracional foi trabucada ca evolución. Un ser de certo evolucionado como os Chupruzos é consciente desa evolución, e de todos os pasos que sigueu a súa especie para chegar a ser o que é , por eso prefiren non contarllo a ninguén, algúns estados anteriores rillan o absurdo e non é cuestión de repartir fabas podres. Xarelo ergueuse e mirando o ceo dixo:

-Ten pinta de ir chover hoxe, se arraia mañá imos ir invadir a terra.

0 comentarios