Blogia
Nun mundo de Paxaradas

A SUBREALISTA VIDA DE ESTE HOME (1)

A SUBREALISTA VIDA DE ESTE HOME

O ser asiduo a locais “de mala sona” nunca fixo dano algún na súa reputación de bo home.

O sol andábase apagando, era eso que chaman o lusco fusco, que o sol liscase a modiño non era máis que unha cuestión d xerarquía interestelar, se o sol non se fose...pois a lúa para que estaba. Entre todo aquelo, aquel bo home baixa asubiando por unha estreita rúa.

Se puidesemos contar a súa vida o rebes diriamos que morreu un atardecer de primavera, que rexuveneceu e decreceu con vitalidade para, o remate, tras ter nacido un chuvioso inverno, topar o fin no útero da súa nai; pero non podemos facelo, por que nin tan sequera sabemos como naceu...El si, el lembrase, como de outros moitas cousas e iso faino especial.

A cada paso que daba súa casa tiña traza de quedar máis lonxe, quizais niso tivese moito que ver o feito de que camiñara en dirección contraria, pero el seguía adiante co impulso do alcohol e a rexia convicción de que todos os camiños levan a Roma, o cal non deixaba de ser un contratempo posto ca súa casa non deixaba de quedar na dirección contraria.

Un basureiro recollía unha bolsas do lixo ó pe dun contedor e el fitouno...

- Como as cascudas -

- Dixo algo señor- Contestou o barrendeiro con un chisco de récelo.

- Non, nadiña...non digo nadiña...cousas miñas.- Mentres o seu bafo apropiábase do lugar no que antes estiveran as verbas.

- Como as cascudas – Botou unha gargallada. Imaxinaba o pobre home como unha cascuda xigante, se o soubese non lle tería parecido nada ben, a unha cascuda xigante tampouco...que era eso de ila comparando con calquera, pero a única cascuda de dimensións tales por alí cerca topábase moi ocupada pensando que diantres lle ocorría a súa diminuta estatura, o mundo encollera nun intre...demo de mundo.

0 comentarios