Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2005.

10/04/2005

Realidade e percepción

esto non che e unha paisaxe.JPGBoas Xefe Merino:
Creo que foi Bergman quen dixo que todo é cambiante, e que por elo, é imposible captar a realidade. Eu creo que o que cambia é a nosa percepción desa realidade,si, estou de acordo que a natureza ten un forte compóñente metamórfico, pero tamén é certo que o termo “ realidade “ inclúe moito máis do que se pode amosar por medio fisiconaturais...A máis, unha pedra segue a ser unha pedra por moito que troque a nosa perspectiva dela, co paso do tempo pode cambiar a súa forma ( ou desaparecer) pero para a meirande parte de nós ese cambio non é perceptible, é a súa realidade é que segue sendo unha pedra.
O feito de que a realidade troque segundo sexa a nosa percepción dela non deixa de ser un problema...e un problema moi gordo ¿Por que? Pois por a sinxela razón de que a nosa percepción ( non son de opxetos e cousas se non tamén de ideas e feitos) e sinxela de manipular. A historia da nosa percepción (individual ou colectiva) esta chea de manipulacións, dende as máis “inocentes” (Todos nós deixamos enganar cando imos a un espectáculo de maxia) ata as máis agresivas ( a publicidade por exemplo) e a medida que o acceso a información aumenta, nosa “liberdade perceptiva” diminúe e vese máis ameazada, polo que podemos considerar os medios de comunicación como os meirandes “manipuladores” sensoriais.
A nosa visión das cousas tamén troca segundo sexan nosos propios intereses ( ou intereses alleos que nos fan ver coma nosos) Así, un aborixe da Amazónia, vería unha hectárea da xungla coma un lugar idóneo para a caza, a recolección e demais necesidades básicas; pero un empresario (occidental ou non, non nos equivoquemos) vería a mesma hectárea como un lugar ideal para obter futuros mobles de deseño ( entre outras moitas posibilidades).
Somos pois escravos da nosa percepción, e a nosa percepción o é dos nosos sensos, os cales, por desgracia, son sinxelos de enganar. ¿ Que conclusión saco de todo isto? Pois certamente non o sei, a liberdade humana depende dun factor moi variable como é a súa propia capacidade de discernir o que é real ou non, do que é natural. Polo cal o home canto máis se separe da súa condición “animal” máis fácil é que perda todo contacto ca “realidade” que ó rodea...Quizais debiamos de parar un chisco e replantarnos noso lugar neste mundo que nós tocou, o mellor deste xeito poderiamos captar a realidade é reflexala nuns actos adecuados...quen sabe..”maña” o veremos.
Ben non che dou máis a lata, a coidarse meu
10/04/2005 23:12 Enlace permanente. Tema: Cartas o xefe Merino No hay comentarios. Comentar.

16/04/2005

Paxaradas1

paxaradas1.gifA realidade supera a ficción, típico tópico. O marido síntese enganado mentres a súa muller asubía a realidade das posibilidades xenéticas....O mundo éche así.non che ai inocentes nin culpables, so vontades inxeles a prol dunha vida difícil
16/04/2005 17:28 Enlace permanente. Tema: Paxaradas No hay comentarios. Comentar.

18/04/2005

Reflexando a realidade.Bush e intelixencia

opresicondebuxo2.gifFágome eco dun comentario feito na bitácora “galupin” ( http://galupin.blogsome.com/ ), e poño debaixo do mesmo a miña resposta; a ver se quece un pouco esto que parece que ninguén ten nada que dicir
Galupin:
Coma sempre, infalíbel:
“Queremos que a democracia triunfe no Líbano. E sabemos que non pode triunfar mentres estea ocupado por forzas extranxeiras”.

Completamente de acordo, Xurxo. Agora, pódesme repetir as razóns para manter as forzas extranxeiras en Iraq? Será só para xogar ao pimpampum con periodistas díscol@s?

Paxaradas:
O que acontece e que Bush cree que é o dono do mundo, e por o tanto o seu país nunca é estranxeiro...nunca invade...e nunca se trabuca. Fai pouco dixo que o que fallou en Iraq foi a intelixencia americana , e a verdade créocho ben, a intelixencia americana parece fallar en Iraq e en moitos sitios.

P.D. antes de que me esqueza a imaxe é da paxina yooha.meepzorp.com (obrigado)
18/04/2005 12:16 Enlace permanente. Tema: Microrealidade deloirada No hay comentarios. Comentar.

26/04/2005

Paxaradas3

devaluación seguridade6.gifNo mundo, polo que parece, existen amores imposibles, non por mor da raza, ou da cor, ou do sexo, se non por mor dunha moral revirada que xoga cos sentimentos dos demais pero non consinte cos demais opinen sobre do seu. O carneiro namórase da corvo e o pai dela impide o amor a pesares do mimetismo agónico que o mamífero intenta. Non miremos para moi lonxe por que existe xente que inda cree que o amor e bater a golpes a súa dona e que dous homes xuntos sonche unha aberración. Saquemos o chapeu e esperemos a que a ignorancia salga dos nosos miolos facéndonos un chisco máis ceibes.
26/04/2005 09:57 Enlace permanente. Tema: Paxaradas Hay 1 comentario.




Nun mundo de Paxaradas

Olá ou boas meus, como prefirades, aqui idevos topar cun feixe de incongruencias e paxaradas varias...Asi que espero que as disfrutedes

Temas



Archivos

Enlaces

  • http://paxarada.blogspot.com
  • http://www.tvsptnagaliza.tk/
  • http://www.vieiros.com/index.php
  • http://culturagalega.org/
  • http://falcatruada.com/
  • http://puerquito.f2o.org/
  • http://ilustrando.com


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]